Hesperidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Orange slice.jpg|thumb|Toro dunha laranxa amosando a estrutura de '''hesperidio''']]
En [[Botánica]], un '''hesperidio''' é unha clase de [[baga]] modificada, a miúdo obtido de [[cítrico]]s. É un froito carnoso de pela máis ou menos endurecida, constituída por [[pericarpo]], [[mesocarpo]] e [[endocarpo]], e materia carnosa entre o [[endocarpo]] ou parede interior do ovario e as sementes. Neste caso, logo, a parte carnosa non está constituída polas paredes do ovario, senón por [[carpelo]]s pechados e inchados entre elas e mais as sementes. O deseño é logo totalmente diferente ao das bagas, coas que poden ser confundidos, onde son o mesocarpo e mailo endocarpo os que constitúen a materia carnosa ou [[Polpa (froita)|polpa]].
 
Algúns exemplos de hesperidios son os froitos das [[Rutaceae|Rutáceas]], coma por exemplo, o [[limón]], a [[Laranxa (froita)|laranxa]] ou a [[Citrus reticulata|mandarina]].