Telefónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: fa:تلفونیکا
ampliación historia
Liña 1:
{{en uso}}
{{Compañía
| nome_compañía = Telefónica, S.A.
Liña 19 ⟶ 20:
 
En [[España]], para o público comerciante polo miúdo distribúe os seus produtos a través de varias filiais e varios nome comerciais: Os de telefonía fixa antes baixo a marca comercial Telefónica, os de telefonía móbil a través da filial [[Telefónica Móbiles]] baixo a marca comercial [[Movistar]]. Desde o [[1 de maio]] de [[2010]], a empresa cambia en España o nome da súa marca comercial Telefónica polo de [[Movistar]], que ata entón fora soamente a marca comercial de [[Telefónica Móbiles]], comezando a distribuír todos os seus produtos baixo esta marca comercial e engadindo segundo o servizo os sufijos correspondentes "Movistar Fixo", "Movistar Móbil", "Movistar Imagenio", etc. Con todo, os nomes legais da empresas e as súas filiais seguen sendo os mesmos.
 
==Historia==
[[File:TelefonicaMadrid.jpg|miniatura|esquerda|Edificio Telefónica.]]
As orixes da empresa están na súa fundación en Madrid co nome de CTNE (compañía telefónica nacional de España), participada pola empresa norteamericana de telecomunicacións [[ITT]]. A súa sede fixouse nun novo edificio da Gran Vía madrileña, no número 28. Foi o primeiro rañaceos de España e de toda Europa<ref>[http://www.fundacion.telefonica.com/es/granvia/index.html#/entrada Fundación Telefónica]</ref>. O edificio foi empregado como sede das telecomunicacións da República durante o asedio de Madrid e a Guerra Civil. Durante o franquismo Telefónica de España (TESA) foi gañando en tamaño e importancia como monopolio de telecomunicacións chegando a ser unha empresa estatal burocratizada e con estructura e administración centralizada. Non sería ata os anos 1980 e principios dos anos 1990 cando se fixo necesaria a creación de competencia. A empresa era incapaz de acometer reformas nas infraestructuras de telecomunicacións lastrada por sindicatos e administracións estatais que impedían calquera mellora nos servizos. Había listas de espera para ter teléfono. A empresa abriuse a traballar con empresas subcontratistas e foi quen poñer data a cando tería teléfono un novo cliente. A chegada de internet e a necesidade de conexións a un prezo asequible foron outro dos retos da compañía. A tarifa plana non era unha oferta comercial para Telefónica, volcada no pagamento por uso das liñas por minuto e os servizos de voz a empresas. A chegada da telefonía móbil supuxo a creación doutro mercado. Telefónica creou primeiro MoviLine, unha empresa de telefonía móbil analóxica ca que monopolizou o mercado ata que as limitacións da tecnoloxía impediron medrar maís. A chegada da tecnoloxía dixital [[GSM]] permitiu ampliar o negocio mantendo unha posición de monopolio ca marca [[Movistar]] no mercado ata a concesión dunha licenza á [[Airtel]]. A chegada de novos operadores de telecomunicacinóns por cable supuxo outro reto para Telefónica en telefonía fixa ata entón monopolizado pola súa extensa rede e á que os demáis operadores debían pagar polo aluguer.
 
A imposibilidade de manter o negocio en España no réxime de monopolio fixo que a empresa entrase noutros mercados estranxeiros mercando licencias e operadores.
 
== Notas ==