Illa de Toralla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 55:
 
==Historia==
===Época castrexa===
[[Ficheiro:Vila romana e salinas de Toralla - Vigo.jpg|right|thumb|300px|''Villa'' galaico-romana e salinas na finca Mirambell ao outro lado da ponte.]]
 
Todo o sur da ría de Vigo foi dende o principio dos feitos históricos un lugar excepcional como o demostra o gran número de depósitos arqueolóxicos cuxas pezas se conservan en diferentes museos, E de aí, tamén, os seus valiosos petróglifos situados nos outeiros achegados ao mar nos que se desenvolveron os primeiros grupos poboacionais. Un deles foi a illa Toralla, un [[Castro (poboado)|castro]] importante cunha altitude de 18 metros e unha coroa de 7 metros de eixo leste-oeste e 30 m de eixo norte-sur. Estaba arrodeado por unha muralla de 2-3 metros de groso e 1 m de alto. Nas vivendas circulares, escavadas en campañas varias, atopáronse mostras de cerámica indíxena e [[ánfora]]s. O castro de Toralla foi localizado en 1913 no extremo suroeste da illa, foi parcialmente escavado en 1970 por Álvarez Blázquez con motivo da urbanización da zona e en 1990 por Hidalgo Cuñarro nun dos escasos solares que aínda quedaban sen construír. En principio, trátase dun asentamento esencialmente prerromano (dende o século IV a.C. até o cambio de era).
 
A necrópole, descuberta en 1913 na zona media da illa, actualmente axardinada cun parque infantil, ten algúns materiais (tixolos, cerámicas, un estilete de bronce,...) que indican que pertence á era romana ou tardorromana. É probábel, polo tanto, que sexa coetánea co [[Villa Galaico-Romana de Toralla|xacemento da punta de Toralla]], constituíndo quizais o cemiterior dos habitantes da ''villa''. E é que daquela a illa estaba unida á costa por unha lingua de area.
 
===Antigüidade===
Hai que pensar que nesa época foron moitas as expedicións de [[fenicio]]s, [[grego]]s e [[cartaxinese]]s que percorreron a ría na procura de ''casiterita'' ([[estaño]]) necesario para fabricar o [[bronce]] e nos anais están os nomes dos expedicionarios, anteriores á romanización. Moitos nomes de lugares, hoxe, teñen a súa orixe na que usaron, por primeira vez, os visitantes, coas lóxicas variacións que sinala a [[toponimia]].
 
Non se conseguiu localizar documentación que acredite, con certeza, a quen pertencía realmente a illa antes do [[século XIX]], o que non ten nada de estraño pola serie de loitas ─constantes─constantes, coas típicas depredacións dos vencedores. Aínda que hai historiadores que se inclinan polo Bispado de Celanova, existen documentos, no arquivo da [[Catedral de Tui]], que supostamente dan fe de que a illa era propiedade do Bispado de Tui e, máis concretamente, do mosteiro de Coruxo. Non hai dúbida, en todo caso, que eran bens da igrexa.
 
===Século XIX===
Á chegada de Juan Álvarez Mendizábal, financeiro e político, de orixe xudía e tendencia liberal, á Presidencia do Goberno en 1835, unha das súas primeiras disposicións lexislativas foi suprimir, por decreto, a maioría das ordes relixiosas e, en 1836, a venda en poxa pública dos bens de mosteiros e conventos.
 
A raíz da Desamortización, a illa de Toralla foi adquirida por D. [[Francisco Javier Martínez Enríquez]], marqués de Valladares. En 1884 créase a sociedade ''Cordelera Ibérica'', fábrica de [[cordoaría]] que constitúe a primeira construción moderna que se produce na illa.
 
A primeira inscrición rexistral data do 4 de xullo de 1895, en que D. Enrique Lameiro Sarachaga, propietario da illa na citada data, fai constar a súa compra a dona María Dolores Elduayen Martínez, sobriña e herdeira do marqués de Valladares, por escritura do día 30 de abril de 1892. Na escritura de venda cítase expresamente, como título de propiedade da vendedora, o testamento que o marqués outorgou ao seu favor ante o notario de Vigo, D. Severo González, o 10 de febreiro de 1888.