Xuvencos, Boborás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Parroquia do Concello de Boborás na que se localiza ademais a cabeceira municipal. Con orixes e testemuñas na Idade Media, conserva como un dos seus grandes tesouros a coñecida Danz...
 
Xosé (conversa | contribucións)
m {{links internos}}
Liña 1:
{{links internos}}
 
Parroquia do Concello de Boborás na que se localiza ademais a cabeceira municipal. Con orixes e testemuñas na Idade Media, conserva como un dos seus grandes tesouros a coñecida Danza de Xuvencos dentro do formato da chamada Festa das Mudaciós que cada ano se celebra o segundo e o terceiro domingo do mes de maio e que consiste -como o seu nome indica- na mudanza e intercambio das imaxes da Virxe de Xuvencos e a Santa Sabela que se garda na capela de Aboborás -mellor que Boborás-, forma coa que os veciños denominan á capitalidade e ó Concello e que durante unha semana intercambian os seu puntos de domicilio. A Danza, báilase cada catro anos por catro parellas de homes e mulleres solteiros da parroquia e consta do chamado Paseo, tres muiñeiras, tres paleados e o Entrenzado que se fai arredor dun pao que ten na súa punta a figura dun boneco ó que se lle chama popularmente Xigante. Este Danza, vencellada á poderosa Confraría da Virxe que existiu na parroquia e máila do Rosario de Cameixa, ten uns raiceiros que nos levan ó Medievo; apuntar que atá o século XIX a Mudación facíase entre Xuvencos e Cameixa e por motivos descoñecidos deixouse de facer.
O templo parroquial de estilo románico consta dunha soa nave rectangular modificada na espadana e na ábsida no século XIX. Contén un retablo barroco excepcional así como o cruceiro do Bispo que se atopa á entrada do templo.