Tudel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
m formato
Liña 1:
O '''tudel''', '''ferrete''' ou '''courel''' é unha das partes da [[palleta]] da [[gaita galega]]. O tudel tamén se denomina ferrete ou courel.
 
== Características ==
Situado na parte baixa e interior das dúas lingüetas que forman a parte vibrante e sonora da [[palleta]] o tudel posibilita a unión das mesmas e conduce o son cara o [[punteiro]]. A forma cilíndrica do tudel facilita o encaixe da [[palleta]] no espigo do [[punteiro]] e o su enfiado permite introducir máis ou menos a [[palleta]] no [[punteiro]]. O xogo de tudel e espigo dá unha marxe na afinación do [[punteiro]], máis baixa canto máis alta sexa a colocación e máis alta canto máis baixa sexa; ofrecendo en consecuencia un xogo paralelo na apertura das lingüetas da [[palleta]] que poderemos abrir ou pechar (baixando ou subindo a afinación do [[punteiro]] respectivamente) para adecuar a dureza do tempero ás necesidades do gaiteiro.
 
O tudel está feito por un tubo metálico, habitualmente de cobre, ou enrolando un anaco de latón ou lata para darlle forma cilíndrica. As medidas aproximadas do tudel son: entre quince e vinte milímetros de longo por uns tres ou catro milímetros de diámetro interior. O tudel é esmagado e limado por un dos extremos onde despois irá colocada e enfiada a [[cana]] que forma as lingüetas da [[palleta]]. Na zona oriental de [[Galicia]] tamén apareceron algunhas palletas cun tudel feito de [[cálamo]] de pluma de [[galiña]].
Na zona oriental de [[Galicia]] tamén apareceron algunhas palletas cun tudel feito de [[cálamo]] de pluma de [[galiña]].
 
Desde un punto de vista xeral o tudel é unha especie de disco, tubo cilíndrico ou peza metálica rematado nun revestimento de [[cortiza]] ou fío que se utiliza nos instrumentos aerófonos de cana ou lingüeta como o [[saxofón]] ou o [[fagot]]. As canas ou lingüetas fíxanse ao tudel cun sistema de enfiado ou mediante unha boquilla por presión á que se lle une a lingüeta mediante unha abrazadeira.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''Os segredos da gaita'', Xosé Lois Foxo, Deputación Provincial de Ourense, 2004, Ourense.
* ''Os instrumentos musicais na tradición galega'', Carpintero Arias, Pablo; Difusora de letras artes e ideas, Ourense 2009, páx. 343.
* ''O berce das palletas, A Construción de palletas e pallóns''. Marín Martínez, Xoán Ramón; Asociación de Gaiteiros Galegos, Pontevedra. 2009. páx. 27-30.
 
 
[[Categoría:Gaitas]]