Tudel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
O tudel está feito por un tubo metálico, habitualmente de cobre, ou enrolando un anaco de latón ou lata para darlle forma cilíndrica. As medidas aproximadas do tudel son: entre quince e vinte milímetros de longo por uns tres ou catro milímetros de diámetro interior. O tudel é esmagado e limado por un dos extremos onde despois irá colocada e enfiada a [[cana]] que forma as lingüetas da [[palleta]].
Na zona oriental de [[Galicia]] tamén apareceron algunhas palletas cun tudel feito de [[cálamo]] de pluma de [[galiña]].
 
Desde un punto de vista xeral o tudel é unha especie de disco, tubo cilíndrico ou peza metálica rematado nun revestimento de [[cortiza]] ou fío que se utiliza nos instrumentos aerófonos de cana ou lingüeta como o [[saxofón]] ou o [[fagot]]. As canas ou lingüetas fíxanse ao tudel cun sistema de enfiado ou mediante unha boquilla por presión á que se lle une a lingüeta mediante unha abrazadeira.