Alberto Barreiro Docampo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:ALBERTO BARREIRO DOCAMPO "Warren".jpg|miniatura|Alberto Barreiro "Warren", 2006.]]
 
'''Alberto Barreiro Docampo''', máis coñecido como '''Warren''', nado en [[Moaña]] en [[1974]], é un filólogo, bailador, músico, actor, director e dramaturgo galego. Desde 2006 reside en [[Betanzos]] ([[A Coruña]]).
 
==Traxectoria==
Licenciouse en Filoloxía Galega, dentro da primeira promoción, pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Autor do TAD "Contribución da Mostra de Cangas á normalización do teatro galego" e foi redactor para os Informes de literatura no [[Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades]]. O achegamento ao mundo da cultura tradicional iniciouse no seu [[Moaña]] natal. Empeza como bailador e gaiteiro na escola da Asociación Cultural Semente Nova da man de [[Nazario González Iglesias]] "Moxenas" e de Xosé Menduíña. Participou tamén como bailador e/ou músico nos grupos A Abiñadoira, de [[Sanxenxo]], baixo a dirección de Serxio Cobos, e o grupo Coruñés Donaire, baixo a dirección de Olga Kirk e [[Pablo Díaz]]. Ao mundo do teatro chega a través do teatro escolar, en Teatrofia Teatral, do IES As Barxas, Moaña, baixo a dirección de Asunción Sóñora e a colaboración de Pedro Pablo Riobó. Participou tamén das montaxes de Teatro Aurín, dirixido por Pedro Pablo Riobó, o grupo de teatro universitario Eis Teatro, da USC, baixo a dirección de Fernando Dacosta e Iolando Ogando, e finalmente traballou nos grupos Teatro de Ningures, Llullu Teatro,baixo a dirección de Salvador del Río, Teatro do Morcego, dirixido por Celso Parada, e unha colaboración con Ollomoltranvía. Realizou tamén traballos de dirección en Eis Teatro e Teatro do Serán, da Obra Social de Caixa Galicia, [[Betanzos]]. Na actualidade é músico do grupo de música galega [[Fiandola]] e traballa en diversas campañas de normalización lingüística e animación á lectura de [[Kalandraka]] Editora.
 
== Baile tradicional ==
A súa andaina no mundo do baile tradicional comeza en [[Moaña]], da man do grupo de baile da Asociación cultural Semente Nova de [[Moaña]] (1984-1993)baixo a dirección de Xosé Menduíña. No ano [[1994]] pasa a formar parte durante un ano do grupo de baile A Abiñadoira de Sanxenxo, e a partir de [[2008]] do grupo de baile da Asociación Cultural Donaire, da Coruña.
Realiza traballos de dirección de grupos de baile ou de mestre de escola de baile a partir de [[1998]]. Entre os grupos dirixidos ou as escolas que formou están: A Arreixeira, de Padrón (1998); Ailola, de Lalín (desde 1999); Dorna, da Illa da Arousa (desde 2000); Sociedade Liceo de Noia, de [[Noia]] (desde 2008) e Airiños do Frade, de Cabanas (2009-2010).
En 1998 e 1999 e en colaboración coa Xunta de Galicia impartiu cursos de baile nos centros galegos do exterior de [[Terrassa]]-[[Barcelona]] (1998), [[Los Ángeles]]-[[California]] [[E.U.A]] (1999) e centro galego do Val Miñor, [[Buenos Aires]]-[[Arxentina]] (1999).
 
=== Premios ===
*1996. Primeiro premio xunto con Cristina Nogueira Lemos no concurso de baile tradicional por parellas de [[Borneiro]], [[Cabana de Bergantiños]].
*2008. Primeiro premio como bailador de Donaire no concurso de baile tradicional da Asociación Malveiras, de [[Vilagarcía dade Arousa]].
 
== Música tradicional ==
Liña 24:
 
=== Premios ===
*1992. Primeiro premio no Certame Provincial de Bandas de Gaitas, como gaiteiro da Banda de Gaitas Semente Nova, de [[Moaña]], celebrado no [[Festival Intercéltico do Morrazo]], [[Moaña]].
*1992. Segundo premio no Certame Nacional de Bandas de Gaitas, como gaiteiro da Banda de Gaitas Semente Nova, de [[Moaña]], celebrado en [[Manzaneda]].
*1996. Premio Xuventude'96 no certame da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da [[Xunta de Galicia]] co grupo [[Fiandola]].
*2008. Premio ao mellor grupo de acompañamento como acordeonista da Charanga A Ponte Vella, no concurso de baile tradicional organizado por Tequexetéldere, [[A Estrada]].
*2009. Premio ao mellor grupo de acompañamento como acordeonista da Charanga A Ponte Vella, no concurso de baile tradicional organizado por Tequexetéldere, [[A Estrada]].
*2011. Premio ao mellor grupo de acompañamento como acordeonista da Charanga A Ponte Vella, no concurso de baile tradicional organizado por Tequexetéldere, [[A Estrada]].
*2013. Premio ao mellor grupo ou solista de Moaña nos Premios da Música do Var con Uve como membro de [[Fiandola]]
 
Liña 51:
 
== Obra literaria ==
*[[Polaroid]], dramatización da obra homónima de [[Suso de Toro]].
*Ñaque, ou de piollos e actores, tradución da obra de Sanchis Sinisterra.
*O circo enmeigado, ou a amazona e os excéntricos, tradución da obra de Rafael Dieste.