Santiago Cortegoso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Santiago Cortegoso, nado en Domaio (Moaña) en 1974, é un actor, director, dramaturgo e músico galego. Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Sant..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de marzo de 2013 ás 12:26

Santiago Cortegoso, nado en Domaio (Moaña) en 1974, é un actor, director, dramaturgo e músico galego. Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en arte dramática. Realizou en 1998 o máster Teoría e práctica da interpretación teatral pola USC.

Traxectoria

Entra en contacto co mundo da música e do baile tradicional xa de novo na escola de gaitas e baile Charaviscas (Domaio)onde se fai bailador e tamborileiro da banda de gaitas dirixida por Xabier Blanco. Ao mundo do teatro chega despois do paso polo grupo de teatro escolar Teatrofia Teatral, o teatro amador Teatro Aurín e o grupo de teatro universitario Eis Teatro, da facultade de filoloxía da [[USC]. Como actor profesional formou parte de Teatro de Ningures, Compañía Nove-Dous, Teatro do Morcego, Balea Branca Producións, Teatro Kaos, e foi membro fundador de Llullu Teatro. No mundo do audiovisual traballou en varias series e en cine.

Montaxes profesionais

Teatro de Ningures: 2007 - Emigrados. 2006 - Misericordia. 2005 - Tartufo 2004 - Troianas. 2002 - Círculo. 2002 - O principiño. 2001 - Fausto.

Compañía Nove-Dous: 2007 - Fóra de xogo.

Teatro do Morcego: 2005 - Farsa do Bululú. 2005 - O circo enmeigado. 2003 - Os vellos non deben de namorarse. 2003 - A gran ilusión. 2002 - Momo. 2000 - Os piratas. A Branca Rosa.

Llullu Teatro: 2001 - O circo enmeigado ou a amazona e os excéntricos. 1999 - Ñaque, ou de piollos e actores.

Balea Branca Producións: 2004 - Un tranvía de nome Desexo.

Teatro Kaos: 1999 - Os nenos que prantaron a pedra da auga.

Audiovisual

2004 - As leis de Celavella. (serie) 2004 - Rías Baixas. (serie) 2004 - Heroína. (cine)

Dirección teatral

2002 - A balada do cárcere de Circe. Para a aula de teatro universitario de Pontevedra. 2011 - A filla de Woody Allen. Para a compañía Santiago Cortegoso. 2010 - 0.7% molotov. Para Teatro de Ningures.

Obra dramática

-Intercom Baby. Coa que obtivo o VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico da Radio Galega (Premio do público) 2012. -0.7% Molotov. Coa que obtivo o Premio Rafael Dieste para textos teatrais (2009). -Visión Nocturna. -Hamster (2009) -Casa O'rei -Des-memoria-2. (2009) -A filla de Woody Allen (2011)