Liberdade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 35:
Segundo [[Henri Bergson|'''''Henri Bergson''''']], a liberdade é a capacidade da conciencia de rexirse pola súa propia natureza, independentemente das leis e dos fenómenos da natureza. Para el, a orixe das nosas accións é o eu profundo, interior, o suxeito da duración, onde non hai diferenciación de motivos, sentimentos, decisións, senón que cada un deles, di, retomando unha frase de Platón, representa á alma enteira, é dicir, que a alma se determina por calquera destes sentimentos é, pois, o mesmo que recoñecer que se determina por si mesma.
 
Aludindo á teoloxía, outras figuras, como é o caso de [[SanAgostiño Agustínde Hipona|'''''Santo Agustín''''']], tamén fixeron referencia a este concepto:
 
Segúndo [[SanAgostiño Agustínde Hipona|'''''Santo Agustín''''']], a liberdade consiste na realización efectiva do ben, para alcanzar a beatitude. Segundo el, Deus concedeunos aos seres humanos dous dons:
O libre albedrío: Ao contrario que ao resto dos animais, que teñen unha función determinada, ao principio dos tempos Deus lle concedeu ao ser humano unha vontade indeterminada que lle permitiu elixir entre 2 camiños: o ben (o que quere Deus) ou o mal (un querer propio). O primeiro home que puido elixir foi Adán, e escolleu o mal. Polo tanto, seguindo a tese traduccionista, sabemos que a súa alma a herdamos todos, polo que estamos condenados a non poder non pecar,"temos unha vontade mutilada".
A liberdade: é o segundo don que Deus concede a algúns homes tras desaproveitar o primeiro. Este permítelles non pecar. Os homes dotados son influenciados por Deus para que escollan o Ben, a pesar de que eles pensen que é a súa propia vontade a que lles permite elixir.