Gemini 7: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m Máis información
Xosema (conversa | contribucións)
Liña 52:
Gemini 7 foi lanzada o [[4 de decembro]] de [[1965]] ás 2:30:03,702 [[UTC]] (14:30:03 [[Zona horaria do leste|EST]]) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 161,6 km de [[perixeo]] e 328,2 km de [[apoxeo]]. Nada máis separarse da segunda etapa do Titan II, a tripulación comezou a manobrar para permanecer xunto dela, movéndose a distancias de entre 6 metros e 80 quilómetros nun período de 17 minutos. Durante a terceira [[órbita]], a Gemini 7 elevou o seu perixeo ata os 230 km para asegurar a órbita durante toda a misión e non decaer prematuramente debido ó rozamento atmosférico. O 6 de decembro, ás 45 horas do inicio da misión, Lovell quitouse o [[traxe espacial]] para avaliar o interior da cápsula como contorno de traballo en mangas de camisa. O resto dos primeiros cinco días en órbita os astronautas adicáronse a facer diversos experimentos e probas cos sistemas da nave, ata que o 9 de decembro circularizaron a órbita ata acadar un perixeo de 299,7 km e un apoxeo de 303,7 km como preparación para a cita espacial con Gemini 6A. O 10 de decembro, ás 140 horas do inicio da misión, Lovell volveu a poñerse o seu traxe espacial, quitando Borman o seu para quedar en mangas de camisa, volvendo Lovell a quitar o seu 20 horas máis tarde. Durante o resto da misión, excepto durante a cita espacial con Gemini 6A e durante a reentrada e amerizaxe, os astronautas traballaron sen os traxes espaciais.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
[[Imaxe:Rendezvous with Gemini VII.jpg|miniatura|A Gemini 7 (en segundo plano) atopándose coa [[Gemini 6A]] no espazo.]]
Durante os días seguintes os astronautas fixeron varios experimentos. A Gemini 6A despegou o 15 de decembro, reuníndose e comezando a manter un voo en formación coa Gemini 7 ás 14:33 EST. As dúas naves mantivéronse inicialmente a unha distancia de 110 metros. Durante as seguintes 5 horas e 19 minutos as naves practicaron diversas manobras, movéndose unha arredor da outra e acercándose e separándose. Ao final do exercicio a Gemini 6A manobrou para permanecer a 50 km da Gemini 7 durante o período de [[sono]] dos astronautas. A Gemini 6A volveu á Terra o 16 de decembro, mentrasmentres que a Gemini 7 fíxoo dous días despois, tras encender os retrofoguetes durante a órbita número 206. A amerizaxe tivo lugar ás 9:05:04 EST do 18 de decembro no [[océano Atlántico]], a 25,42° N e 70,10° O, a só 12,2 km do punto de amerizaxe previsto. O tempo total de misión foi de 330 horas, 35 minutos e 1 segundos, marcando o récord do momento. A tripulación foi recollida polo [[U.S.S. Wasp]] ás 9:37 e cápsula ás 10:08.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
 
== Notas ==