Gemini 7: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m Máis info
Xosema (conversa | contribucións)
m Máis información
Liña 1:
{{en progreso}}
{{Satélite
| nome = Gemini 7
Liña 49 ⟶ 48:
 
== Desenvolvemento da misión ==
Gemini 7 foi a cuarta misión tripulada do programa Gemini. Os obxectivos da misión foron facer un voo de longa duración (14 días), facer manobras cerca da última etapa do foguete lanzador, avaliar un entornocontorno dondeonde poder estar en mangas de camisa, avaliar un traxe de presión lixeiro, servir de obxectivo para a cita espacial coa [[Gemini 6A]] e demostrar unha [[reentrada atmosférica]] controlada e dirixida cara un punto concreto da superficie terrestre, ademáisademais de facer ata dezanove [[experimento]]s.<ref name=astronautix/><ref name=NSSDC/>
 
Gemini 7 foi lanzada o [[4 de decembro]] de [[1965]] ás 2:30:03,702 [[UTC]] (14:30:03 [[Zona horaria do leste|EST]]) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 161,6 km de [[perixeo]] e 328,2 km de [[apoxeo]]. Nada máis separarse da segunda etapa do Titan II, a tripulación comezou a manobrar para permanecer xunto dela, movéndose a distancias de entre 6 metros e 80 quilómetros nun período de 17 minutos. Durante a terceira [[órbita]], a Gemini 7 elevou o seu perixeo ata os 230 km para asegurar a órbita durante toda a misión e non decaer prematuramente debido ó rozamento atmosférico. O 6 de decembro, ás 45 horas do inicio da misión, Lovell quitouse o [[traxe espacial]] para avaliar o interior da cápsula como entornocontorno de traballo en mangas de camisa. O resto dos primeiros cinco días en órbita os astronautas adicáronse a facer diversos experimentos e probas cos sistemas da nave, ata que o 9 de decembro circularizaron a órbita ata acadar un perixeo de 299,7 km e un apoxeo de 303,7 km como preparación para a cita espacial con Gemini 6A. O 10 de decembro, ás 140 horas do inicio da misión, Lovell volveu a poñerse o seu traxe espacial, quitando Borman o seu para quedar en mangas de camisa, volvendo Lovell a quitar o seu 20 horas máis tarde. Durante o resto da misión, excepto durante a cita espacial con Gemini 6A e durante a reentrada e amerizaxe, os astronautas traballaron sen os traxes espaciais.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
[[Imaxe:Rendezvous with Gemini VII.jpg|miniatura|A Gemini 7 (en segundo plano) atopándose coa [[Gemini 6A]] no espazo.]]
 
Durante os días seguintes os astronautas fixeron varios experimentos. A Gemini 6A despegou o 15 de decembro, reuníndose e comezando a manter un voo en formación coa Gemini 7 ás 14:33 EST. As dúas naves mantivéronse inicialmente a unha distancia de 110 metros. Durante as seguintes 5 horas e 19 minutos as naves practicaron diversas manobras, movéndose unha arredor da outra e acercándose e separándose. Ao final do exercicio a Gemini 6A manobrou para permanecer a 50 km da Gemini 7 durante o período de [[sono]] dos astronautas. A Gemini 6A volveu á Terra o 16 de decembro, mentras que a Gemini 7 fíxoo dous días despois, tras encender os retrofoguetes durante a órbita número 206. A amerizaxe tivo lugar ás 9:05:04 EST do 18 de decembro no [[océano Atlántico]], a 25,42° N e 70,10° O, a só 12,2 km do punto de amerizaxe previsto. O tempo total de misión foi de 330 horas, 35 minutos e 1 segundos, marcando o récord do momento. A tripulación foi recollida polo [[U.S.S. Wasp]] ás 9:37 e cápsula ás 10:08.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
<!--
 
[[Imaxe:Gemini 7 in orbit - GPN-2006-000035.jpg|miniatura|Gemini 7 vista desde o interior de Gemini 6.]]
Durante a órbita 15, ás 9:53:24 EST do 16 de decembro, iniciouse o disparo dos retrofoguetes para iniciar a reentrada. A Gemini 7 amerizou ás 10:28:50 EST no [[océano Atlántico]], a 23,58° N e 67,83° O, a só 13 km do punto de amerizaxe previsto, sendo a primeira reentrada controlada cara un puto predeterminado e exitosa do programa espacial estadounidense. O tempo total de misión foi de 25 horas, 51 minutos e 24 segundos. A tripulación foi recollida polo [[U.S.S. Wasp]] ás 11:32.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
 
-->
 
== Notas ==