Coalición Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 45:
Os ex-compañeiros de AP de Barreiro presentan unha denuncia por prevaricación e suborno contra Barreiro por uns feitos acontecidos cando este era membro do Goberno popular. O líder de Coalición Galega, acusado de "felonía" polos seus antigos compañeiros e coa espada de Damocles dun proceso xudicial penal, dimite un 28 de xullo de 1988.
 
Nas [[eleccións europeas de xuño de 1989]], a pesar dos malos resultados en Galicia, e grazas a un pacto co [[PNV]], ''Agrupaciones Independientes de Canarias'' e outros partidos, Coalición Galega poderá ter un [[eurodipudado]], ao exercer a quenda que lle correspondía na candidatura conxunta de [[Coalición Nacionalista]]. De aí que [[José Posada|José Domingo Posada]] ocupase posto de eurodiputado do 15 de xullo de 1993 ao 18 de xullo de 1994, integrado no grupo Arcoiris, sendo o primeiro eurodiputado nacionalista presente nese parlamento, e o primeiro en falar o idioma propio.<ref>http://praza.com/politica/3291/morre-jose-posada-o-primeiro-en-usar-o-galego-no-parlamento-europeo/ Morre José Posada, o primeiro en usar o galego no Parlamento europeo</ref>
 
Nas [[eleccións xerais de 1989]], pasa a ser xa a quinta forza política de Galicia con 45.821 votos, fica sen escano e é superada polo BNG.