Duns Scoto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
== Distinción entre filosofía e teoloxía ==
Scoto propón unha distinción nítida entre [[filosofía]] e teoloxía. A filosofía posúe unha metodoloxía que non é asimilable á metodoloxía da teoloxía. Para Scoto é de gran importancia precisar as esferas respectivas e os criterios específicos destes dous termos.
 
A filosofía ocúpase do ente en canto a ente e de todo o que poida reducirse a el ou deducirse del. A teoloxía, en cambio, trata dos obxectos de fe. A filosofía segue un procedemento demostrativo, mentres que a teoloxía adopta o procedemento persuasivo; a filosofía restrínxese á lóxica do natural, mentres que a teoloxía se move dentro da lóxica do sobrenatural. A filosofía ocúpase do xeral ou universal e a teoloxía afonda e sistematiza todo aquilo que Deus se dignou a revelarnos a cerca da súa natureza persoal e do noso destino. A filosofía é esencialmente especulativa, porque se propón coñecer por coñecer, mentres que a teoloxía é tendencialmente práctica, porque deixa de lado certas verdades, co obxectivo de inducirnos a actuar máis correctamente.
 
== O principio de individuación ==
Scoto reafirma a primacía do individual, negando que exista en sí mesma ou en Deus a natureza ou esencia da que os individuos serían participacións. Intrepretar o singular como unha participación do universal é connceder demasiado á concepción pagá que desprecia a un e exalta ao outro, sen tomar seriamente en consideración o acto creador de Deus e a súa providencia. Deus, sinala Scoto, non nos propuxo un esquema ideal ao que facer referencia na existencia cotiá, a excepción de Cristo, xa que nos creou á súa imaxe e cuxa perfección nos empuxa a imitar. Deus coñece a todos e cada un, confiando a todos un lugas específico na economía xeral da salvación persoal.
 
A teoría do principio de individuación oculta un claro resto de [[platonismo]], e non é máis que un seudo-problema. Trátase dun problema falso, que está presente tano en [[Aristóteles]] como en [[Aviceno]] e [[Averroes]], moi influídos polo platonismo, porque supón que a verdade máis profunda é a do universal e que a continuación hai que preguntarse cómo o universal se converti en particular.
 
Se o problema é falso, as respostas tamén o son, con maior motivo. Para Scoto, nin a materia -esencialmente indeterminada- nin a forma -indiferente á individualidade e á universialidade-, ao ser común por natureza a todos os entes da mesma especie -e, polo conseguinte, tampouco o composto de ambos, pode ser causa das características e das diferemzas individuais. A realidade última, segundo Scoto, explica a individualidade, é dicir, a súa perfección, grazas á cal unha realidade ''haec est'', é esta e non outra. Daquí procede o término ''haecceitas'', que manifestan aquela formalidade ou perfección pola cal todo ente é aquelo que é e se distingue de todos os demáis.
 
Neste contexto hai que situar a exaltación da persoa humana. En efecto, neste acto a individualización -defenida como rexeitamento da división- é personalizada ou subxectiva, en polémica co [[averroísmo]], cuxa teoría do intelecto único atacaba o seu rasgo máis peculiar. Calificada de maneira suxerente como ''ultima solitudo'', a persoa é ''ab alio'',, pode ser ''cum alio'', pero non ''in alio''. Pode comunicar, condicionar e ser condicionado, pero non perder o seu ser en sí. O ente peroal é un universla concreto, porque na súa unicidade non forma parte dun todo, senón que é un todo no todo: ''imperium in imperio''. Particular e universal coinciden no concepto, determinado en grao sumo, de persoa. O home, cada home, non é unha determinación do universal na medida en que é unha realidade singular no tempo e irrepetible na historia, é de feito supremo e orixinario, porque está destinado, grazas á mediación de Cristo, ao diálogo co Deus da escritura.
 
==Véxase tamén==
{{Commons|John Duns Scotus}}
===Bibliografía===
* {{cita libro
| autor = Giovanni Reale e Dario Antiseri
| título = Historia del pensamiento filosófico e científico
| año = 1995
| editorial = [[Editorial Herder]]. Barcelona
| id =
}}
 
===Outros artigos===
*http://www.dunsscotus.nl/Spaans/DunsEscoto_Biografia.htm
 
 
===Ligazóns externas===