Alberto Barreiro Docampo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
==Traxectoria==
Licenciouse en Filoloxía Galega, dentro da primeira promoción, pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Autor do TAD "Contribución da Mostra de Cangas á normalización do teatro galego" e redactor para os Informes de literatura no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades. O achegamento ao mundo da cultura tradicional iniciouse no seu Moaña natal. Empeza como bailador e gaiteiro na escola da Asociación Cultural Semente Nova da man de [[Nazario González Iglesias]] "Moxenas" e de Xosé Menduíña. Participou tamén como bailador e/ou músico nos grupos A Abiñadoira, de Sanxenxo, baixo a dirección de Serxio Cobos, e o grupo Coruñés Donaire, baixo a dirección de Olga Kirk e [[Pablo Díaz]]. Ao mundo do teatro chega a través do teatro escolar, en Teatrofia Teatral, do IES As Barxas, Moaña, baixo a dirección de Asunción Sóñora e a colaboración de Pedro Pablo Riobó. Participou tamén das montaxes de Teatro Aurín, dirixido por Pedro Pablo Riobó, o grupo de teatro universitario Eis Teatro, da USC, baixo a dirección de Fernando Dacosta e Iolando Ogando, e finalmente traballou nos grupos Teatro de Ningures, Llullu Teatro,baixo a dirección de Salvador del Río, Teatro do Morcego, dirixido por Celso Parada, e unha colaboración con Ollomoltranvía. Realizou tamén traballos de dirección en Eis Teatro e Teatro do Serán, da Obra Social de Caixa Galicia, [[Betanzos]]. Na actualidade é músico do grupo de música galega Fiandola e traballa en diversas campañas de normalización lingüística e animación á lectura de Kalandraka Editora.
 
== Baile tradicional ==
A súa andaina no mundo do baile tradicional comeza en Moaña, da man do grupo de baile da Asociación cultural Semente Nova de [[Moaña]] (1984-1993)baixo a dirección de Xosé Menduíña. No ano 1994 pasa a formar parte durante un ano do grupo de baile A Abiñadoira de Sanxenxo, e a partir de 2008 do grupo de baile da Asociación Cultural Donaire, da Coruña.
Realiza traballos de dirección de grupos de baile ou de mestre de escola de baile a partir de 1998. Entre os grupos dirixidos ou as escolas que formou están: A Arreixeira, de Padrón (1998); Ailola, de Lalín (desde 1999); Dorna, da Illa da Arousa (desde 2000); Sociedade Liceo de Noia, de Noia (desde 2008) e Airiños do Frade, de Cabanas (2009-2010).
En 1998 e 1999 e en colaboración coa Xunta de Galicia impartiu cursos de baile nos centros galegos do exterior de Terrassa-Barcelona (1998), [[Los Ángeles]]-[[California]] [[E.U.A]] (1999) e centro galego do Val Miñor, [[Buenos Aires]]-[[Arxentina]] (1999).
 
=== Premios ===
Liña 18:
 
== Música tradicional ==
A andaina no mundo da música comeza na escola da Asociación Cultural Semente Nova de [[Moaña]], baixo a dirección de [[Nazario González Iglesias]] "Moxenas", Santiago Budiño Fernández e [[Iván Costa Blanco]]. É en 1996 cando forma xunto a outros sete músicos o grupo [[Fiandola]] na cidade de [[Compostela]] no que participa de percusionista, gaiteiro e acordeonista. En 2011 participa como acordeonista e gaiteiro solista no proxecto As Beiras do Ulla, formado polos grupos A Ponte Vella, de Reis, Teo, e Tequexetéldere, de A Estrada; para asistir ao Festival Intercéltico de [[Lorient]].
O traballo que desenvolve como mestre de música tradicional desenvólvese a partir do ano 2000 e entre os grupos e escola que dirixe están: Dorna, da Illa da Arousa (desde 2000); grupo de acompañamento do grupo de baile Fortín da Pomba, de Bandeira, Silleda (desde 2001); escola de música e charanga de A Ponte Vella, de Reis, [[Teo]] (desde 2008); grupo de gaitas Airiños do Frade, de [[Cabanas]] (desde 2010), e o grupo de música tradicional A Zanfona da Obra Social NovaCaixaGalicia, de Compostela, (desde 2005).
Impartiu cursos de música tradicional en colaboración coa Xunta de Galicia nos centros galegos do exterior de [[Terrassa]]-[[Barcelona]] (1998), [[Los Ángeles]]-[[California]] [[E.U.A]] (1999) e centro galego do Val Miñor, [[Buenos Aires]]-[[Arxentina]] (1999).
 
 
Liña 33:
 
== Actor de teatro ==
A traxectoria como actor de teatro empeza ligada ao grupo de teatro escolar Teatrofia Teatral do IES As Barxas, de [[Moaña]] coas obras Nova Olimpia (1990), A lenda de Xoán Bonome (1991) e A Sombra do Bon Cabaleiro (1992). Tamén en [[Moaña]] participa do grupo de teatro amateur Teatro Aurín coas montaxes O tendal (1993), A gata sobre o tellado de zinc quente (1994) e Nai Coraxe (1995). En Santiago de Compostela lígase ao grupo Eis Teatro e participa das montaxes O exemplo da señora Pott (1994), A Cociña (1995), a visita da vella dama (1997) e Os peixes encarnados (1998). Como actor profesional está presente nas montaxes Ñaque, ou de piollos e actores (1999) e O circo enmeigado (2001), con Llullu Teatro, da que foi membro fundador; Momo (2002), A gran ilusión (2003), Os vellos non deben de namorarse (2003) e A Branca-Rosa. Os piratas (2004) con Teatro do Morcego; e O principiño (2002) con Teatro de Ningures.
 
== Director de teatro ==