Bebida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Cambio vi:Đồ uống por vi:Thức uống
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 49:
 
== Bebidas espiritosas ==
[[Ficheiro:Bombay-sapphire.jpg|miniatura|100px|XinebraXenebra.]]
 
Trátase de todo líquido apto para consumo humano feito cun alto grao de alcois de uso alimentario. O [[alcol]] [[alcol etílico|etílico]] utilizado procede da [[destilación]], redestilación ou rectificación de líquidos obtidos de materiais vexetais amilanáceos ou azucrados autorizados sen fermentación alcólica nin cheiro ou sabor estraños. A elaboración destas bebidas a nivel comercial esixe aparatos especiais para mesturar o azucre ou a maceración, e nalgunhas mesmo un método para o control das perdas. Hai empresas que usan substancias naturais ou xaropes a maiores para darlle sabor e aroma ás [[augardente]]s de herbas. Todo o proceso de elaboración pode controlarse cun par de persoas e mais outra parella para o labor de embotellado. As empresas galegas son pequenas e con poucos traballadores e ás veces só figura coma único traballador o propietario. O sector tende cara a concentración en grandes grupos con potentes redes de distribución para poder frear a caída de beneficios pola queda do consumo e o a redución de marxes comerciais, obrigadas polas grandes centrais de compra e grupos de distribución. Isto vén dado polo papel das multinacionais que non dubidan en acaparar o mercado preexistente, mentres que os grupos nacionais prefiren con unirse con grupos estranxeiros. Co gallo de incrementar o consumo, o sector inviste moito anualmente en publicidade.