Borgoña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Nicole (conversa | contribucións)
m →‎Xeografía: ligazóns
Liña 56:
 
==Xeografía==
Ao norte, a baixa Borgoña é unha rexión de chairas sedimentarias: engloba o Sénonais agrícola e a rexión de Othe forestal, que domina os vales do [[Yonne,Río FranciaYonne|Yonne]] e do [[Armançon]]. Ao leste, as rexións do Saône corresponden a chairas de afundimento cubertas de [[pradaría]]s e campos ([[trigo]], [[millo]], cultivo de hortalizas).
 
No centro, as mesetas borgoñoas, calcarias, inclínanse cara ao noroeste, mais descenden bruscamente cara ao sueste. Comprenden o Auxerrois, plataforma pedregosa onde se estableceu a vide (Chablis), o Tonnerrois, de altitude máis baixa, o Châtillonais, rexión pobre onde a agricultura coñece dificultades, a encrucillada [[Dijon|dijonesa]] e a Côte-d'Or, última pendente abrupta da montaña, que alberga un dos viñedos máis famosos de Francia.
 
O [[Morvan]], antigo macizo forestal, está rodeado de chairas arxilosas onde se practica a gandaría, cortadas pola depresión da Dheune-Bourbince. Ao sur finalmente, o [[Mâcon|Mâconnais]], rexión de policultivo, gandaría e viñedo, descansa nas primeiras estribas do Macizo Central. O punto máis alto da rexión é o Haut-Folin, con 901 [[msnm]] no [[Morvan]].
 
[[Ficheiro:Panorama - Chateau-Chinon 2.jpg|Panorama do Morvan|miniatura|centro|500px]]