Javier Maté: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 8:
No verán de [[1980]] ficha polo [[Real Club Celta de Vigo]], onde militaría doce tempadas, ata a súa retirada do fútbol profesional. Jovier Maté foi o porteiro titular do Celta na década do 80, salvo nos primeiros momentos, cando tivo que disputarlle o posto a Joan Capó, e durante breves períodos por lesión. Durante a súa estancia en [[Vigo]] alternou momentos felices con fracasos, chegando a vivir ata catro ascensos a primeira división. Entre as mellores campañas da súa carreira atópase a tempada [[1987]]-[[1988|88]] na que o Celta finalizou sétimo e Maté foi un dos porteiros máis destacados do campionato.
 
Ao cabo dos anos, a progresión de porteiros máis novos, como [[PaxtiPatxi Villanueva]] ou [[Santiago Cañizares]], relegárono á suplencia nos dous últimos anos en activo. Retirouse ao rematar a tempada [[1992]]-[[1993|93]] con 36 anos, sendo o futbolista máis veterano de Primeira División do momento, xunto con José Ramón Alexanko.
 
Tras colgar as luvas seguiu vinculado ao fútbol, nun principio foi secretario técnico do Celta durante varios anos.