Herodes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxos varios
Xas (conversa | contribucións)
Liña 5:
Fillo dun idumeo e dunha nabetea, en realidade era un palestino de cultura [[helenística]] dedicado ao servizo de [[Roma Antiga|Roma]], que dominaba [[Palestina]] dende que fora conquistada por [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] (63 a.C.).
 
Herodes foi nomeado primeiro gobernador de [[Galilea]] e posteriormente [[tetrarca]] para dirixir as relacións de Roma cós xudeus; pero tivo que fuxir ante o ataque dos partos, que apoiaban no trono a [[Antígona]], a última reina da dinastía dos [[Asmoneos]] ou [[Macabeos]], representante da resistencia xudía contra a dominación política e cultural do [[Occidente grecorromano]].
 
No ano 40 a. C. o Senado romano nomeou a Herodes rei dos xudeus por indicación de [[Marco Antonio]], co encargo de recuperar [[Xudea]] de mans de Antígona. Combateu contra ela durante tres anos ata que conquistou [[Xerusalén]] e a decapitou.