Touro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Cambio cbk-zam:Touro (La Coruña) por cbk-zam:Touro
Liña 104:
En [[Calvos, Touro|Calvos]] está o pazo de Rosende. Preto del aínda se observan as vellas casas dos caseiros que traballaban para o dono do pazo. O edificio, recentemente restaurado, parece ser que ten a súa procedencia nunha construción anterior ó [[século XVIII]]. Estivo ocupado durante tempo polos Hermida, familia da que proceden os actuais propietarios. Pero no escudo de armas que se atopa na [[fachada, ó lado do balcón, pódense distingui-las armas dos Porras, Lemaire, Du Croc, Wander-Roer e os Hermida. Conta con [[Hórreo galego|hórreo]] restaurado, capela en bo estado, cruceiro de pedra enfronte a capela. Desde a solaina que ten a casa pola parte sur vese máis alá do [[río Ulla]].
 
O Pazo de Dioño, en [[Santiso, Touro|Santiso]], é unha casona cadrada rodeada de varias dependencias: hórreo, cortes, fornos, bodega, etc e tamén unha ampla extensión de terreo cerrada por un alto balovalo de pedra. Na entrada da casa está o [[escudo de armas]] dos Aguiar e os Torre. Os elementos que aínda se observan dan idea da riqueza do pazo en tempos pasados, pero entrou en decadencia a mediados do [[século XX]], da que dificilmente se foi sobrepoñendo, ao deixar de seren rendibles oos sectorsectores agrícola e gandeiro.
 
En Lobaqueiras, na parroquia de [[Bendaña, Touro|Bendaña]], xa no límite do concello de Touro co de [[Boqueixón]], hai outra casa grande. Ten a entrada principal por un camiño estreito, bordeado de [[eucalipto]]s centenarios a ámbolos dous lados. Antes de entrar polo portal, á esquerda está a casa dos [[caseiro]]s e a dereita está a [[capela]], que o único que conserva é a pía de pedra onde se botaba a [[auga bendita]]. DetrásTras da capela estáé o cruceiro de pedra aínda ben conservado. Enmarcando o portal hai longas pedras cunha cruz na pedra superior. Na fachada da casona estáé o escudo coas armas dos antigos donos, entre eles están os López del Nodal que eran mariñeiros almirantes procedentes de [[Caldas de Reis]] de onde tamén procede o escudo. Na actualidade pertence osós herdeiros de Juan Fenollera Velón. Na parte de abaixo da casa hai unha longa mesa de pedra con asentos tamén de pedra ó seu arredorredor. Un dos elementos que existen en case tódolos pazos é o [[Pombal (edificio)|pombal]], cousa que non se ve en Lobagueiras. Conta cun [[hórreo]] de pequenas dimensións o que indica que, ou ben puido existir outro hórreo maior, ou que o cultivo principal das terras que rodean o pazo, que son uns oitenta ferrados da zona e chegan ata o mesmo río Ulla, non fora o millo. Segundo a tradición oral, antigamente as terras cultivadas de Bendaña pertencían a un só propietario. Hai que recordar que dúas das antigas xurisdicións da [[provincia de Santiago]] levaban o nome de Bendaña e Bendaña do Marqués.
 
==Educación==