Método da raia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[File:Streak plate with Pyrite and Rhodochrosite.jpg|thumb|Placas raiadas por [[pirita]] (esquerda) e [[rodocrosita]] (dereita)]]
A '''raia''', '''risco''', '''trazo''' ou '''cor do po''' dun [[mineral]] é a cor do po producida cando se desliza con forza por unha superficie non [[meteorización|meteorizada]]. En contraste coa cor aparente do [[mineral]], que para a maioría pode variar considerablemente, o ronsel de po finamente moído ten xeralmente unha cor máis uniforme e característica, e polo tanto é una ferramenta diagnóstica importante na [[identificación de minerais]]. Cando non se produce ningunha raia aparente, dise que é branca ou transparente. A raia é especialmente importante para os materiais opacos ou con cor, pero é menos útil para os [[silicato]]s, moitos dos cales teñen unha raia branca e son moi difíciles de pulverizar facilmente.
 
A cor aparente pode variar moito debido ás impurezas ou a que a estrutura macroscópica do [[cristal]] está deturpada. Unha pouca cantidade de impurezas que absorban unha determinada [[lonxitude de onda]] poden modificar drásticamente as lonxitudes de onda [[reflexión|reflectidas]] polo especime, e así modificar a cor aparente. Con todo, cando o especime se esborrexe para producir a raia rómpese en cristais orientados aleatoriamente, polo que as impurezas pequenas non afectan grandemente a absorción da luz.