Método da raia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
agasallo para todos
 
Sobreira (conversa | contribucións)
m remato que quedara a medias, traducido a en.wiki
Liña 1:
[[File:Streak plate with Pyrite and Rhodochrosite.jpg|thumb|Placas raiadas por [[pirita]] (esquerda) e [[rodocrosita]] (dereita)]]
A '''raia''', '''risco''', '''trazo''' ou '''cor do po''' dun mineral é a cor do po producida cando se desliza con forza por unha superficie non [[meteorización|meteorizada]]. En contraste coa cor aparente do [[mineral]], que para a maioría pode variar considerablemente, o ronsel de po finamente moído ten xeralmente unha cor máis uniforme e característica, e polo tanto é una ferramenta diagnóstica importante na [[identificación de minerais]]. Cando non se produce ningunha raia aparente, dise que é branca ou transparente. A raia é especialmente importante para os materiais opacos ou con cor, pero é menos útil para os [[silicato]]s, moitos dos cales teñen unha raia branca e son moi difíciles de pulverizar facilmente.
 
A cor aparente pode variar moito debido ás impurezas ou a que a estrutura macroscópica do [[cristal]] está deturpada. Unha pouca cantidade de impurezas que absorban unha determinada [[lonxitude de onda]] poden modificar drásticamente as lonxitudes de onda [[reflexión|reflectidas]] polo especime, e así modificar a cor aparente. Con todo, cando o especime se esborrexe para producir a raia rómpese en cristais orientados aleatoriamente, polo que as impurezas pequenas non afectan grandemente a absorción da luz.
 
A superficie ó longo da que se raia o mineral chámase ''placa de raiado'', e fabrícase normalmente de azulexo de porcelana non tratada. En ausencia desta placa de raiado, a base non tratadavidrada dun pote ou recipiente de porcelana ou o dorso dun azulexo brillante pode valer. Ás veces, aunha raia descríbese mellormáis facil e axustadamente cando se compara coa raia doutra placa.
 
Debido a que o ronsel deixado procede do mineral pulverizado, a raia pode facerse só con minerais que sexan menos [[dureza|duros]] cá placa, que ten arredor de 7 na [[escala de Mohs]]. No caso de materiais máis duros, a cor do po pode determinarse triturando unha mostra cun martelo, que logo se freta contra a placa. A maioría dos minerais máis duros presentan unha raia branca bastante pouco útil.
 
Algúns minerais presentan unha raia cunha cor bastante semellante á cor natural do mineral, mentres que outros amosan sorprendentes cambios de cor. A [[fluorita]] sempre produce unha raia branca aínda que o cristal sexa púrpura, azul, amarelo ou verde. O [[hematite]], de cor natural aparentemente negra, dá unha raia vermella que é a causa do seu nome (que en [[grego]] significa 'sangue'). A [[galena]], de aparencia semellante ó hematite, ten unha raia gris.
 
==Notas==