Viaduto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Historia==
O viaduto máis longo na Antigüidae foi probablemente o Pont Serme, no sur de [[Francia]]. Os viaducos inicialmente foron utilizados en [[país]]es onde os [[ferrocarril|ferrocarrís]] xogaron un papel importante para o transporte como parte da infraestrutura para o cruce de terreos irregulares. O requisito de pouca inclinación das vías de ferrocarril forzou a construción de pontes para unir dous puntos que se atopaban a niveis similares, pero separados por un [[val]]. Dadas as propiedades físicas dos materiais utilizados nun principio, estas pontes tiñan que ser construídas unindo unha serie de arcos, que se asemellaban aos acuedutos romanos, pero sobre os cuales pasaba unha vía de ferrocarril. Exemplos son os viadutos [[Filisur]], Solis, [[Landwasser]] e [[Lorraine]], todos eles en [[Suíza]]
 
Co crecemento e desenvolvemento das cidades e despois coa chegada dos [[automóbil]]es, xurdiu tamén a necesidade de crear vías que permitiran o paso de vehículos terrestres, principalmente en cidades localizadas en zonas de montañosas. Así pois, construíronse viadutos en cidades como [[Madrid]], o viaduto de [[Segovia]] e [[Luxemburgo]] ([[Passarelle]]). Nas grandes cidades os viadutos demostraron unha grande utilidade, permitindo o tráfico a maior velocidade e reducindo drasticamente tempos e custos de transporte. Na actualidade, un gran número de viadutos fóronse construíndo por todo o mundo. Moitas cidades adaptaron este tipo de estrutura ás súas realidades; por exemplo en [[Chile]], o metro de [[Santiago de Chile|Santiago]] en certos tramos utilízase deste modo (principalmente no medio de avenidas anchas ou lugares difíciles de construílo polo subsolo).
 
[[Categoría:Enxeñaría]]