Método da raia: Diferenzas entre revisións
agasallo para todos |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2013 ás 21:41
A raia, risco, trazo ou cor do po dun mineral é a cor do po producida cando se desliza con forza por unha superficie non meteorizada. En contraste coa cor aparente do mineral, que para a maioría pode variar considerablemente, o ronsel de po finamente moído ten xeralmente unha cor máis uniforme e característica, e polo tanto é una ferramenta diagnóstica importante na identificación de minerais. Cando non se produce ningunha raia aparente, dise que é branca ou transparente. A raia é especialmente importante para os materiais opacos ou con cor, pero é menos útil para os silicatos, moitos dos cales teñen unha raia branca e son moi difíciles de pulverizar facilmente.
A cor aparente pode variar moito debido ás impurezas ou a que a estrutura macroscópica do cristal está deturpada. Unha pouca cantidade de impurezas que absorban unha determinada lonxitude de onda poden modificar drásticamente as lonxitudes de onda reflectidas polo especime, e así modificar a cor aparente. Con todo, cando o especime se esborrexe para producir a raia rómpese en cristais orientados aleatoriamente, polo que as impurezas pequenas non afectan grandemente a absorción da luz.
A superficie ó longo da que se raia o mineral chámase placa de raiado, e fabrícase normalmente de azulexo de porcelana non tratada. En ausencia desta placa de raiado, a base non tratada dun pote ou recipiente de porcelana ou o dorso dun azulexo brillante pode valer. Ás veces, a raia descríbese mellor