Leguminosas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ml:ഫാബേസീ
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 126:
 
Por miles de anos as legumes foron utilizadas como alimento polos seres humanos. A lentella foi probablemente unha das primeiras especies en ser domesticadas. Poden consumirse frescas ou secas, e poden atoparse nunha gran variedade de cores, sabores e texturas. Consérvanse secas, enlatadas, ou ben, conxeladas.
Todos os legumes son moi semellantes en canto ás súas características nutricionais. Son moi ricas en [[proteína]]s, [[carbohidrato]]s e [[Fibra alimentaria|fibra]]s, mentres que o contido de [[lípido]]s é relativamente baixo e os [[ácido graxo|ácidos graxos]] que o compoñen son insaturados. Unha gran excepción a esta regra é a [[soia]], que ten un alto contido de lípidos. Os legumes son unha fonte importante de [[vitamina B]]. As que se consomen frescas teñen [[vitamina C]], pero os niveis declinan despois da colleita e son virtualmente inexistentes nos grans secos. Os legumes enlatadas, no entanto, manteñen aproximadamente a metade dos valores de vitamina C que o legume fresco (excepto no caso das lentellas que se secan antes de enlatalas).
Os legumes consómense polo seu alto contido de proteína. A composición dos grans de poroto, a modo de exemplo, é de 21% de proteína, 46% de carbohidratos, 25% de fibra e 1,5% de lípidos. Contén ademais, aproximadamente 7 mg de ferro e 180 mg de calcio por cada 100 gramos. Os grans de [[soia]], en cambio, conteñen 34% de proteína, 29% de carbohidratos e 18% de lípidos. O maior contido de proteínas e lípidos outórganlle á soia unha calidade nutricional superior ao doutros legumes.
Entre os factores positivos das leguminosas na nutrición humana, entón, pódese citar a súa alta concentración en proteína con alto contido en [[lisina]], que fai ás leguminosas un complemento proteico excelente para os cereais.