O Pino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
aumentado desde www.concellodeopino.com/
→‎Historia: lig int
Liña 67:
No concello atópase o castro de San Lourenzo de Pastor, un recinto ovalado de 110 metros de lonxitude onde se acharon restos de cerámica sen decoración e dous torques de ouro de 22 quilates e 350 gramos de peso, actualmente no [[Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón]] da [[A Coruña|Coruña]]. Hai outros dous [[castro (poboado)|castros]] en Oza (San Mamede de Ferreiros) e Tarroeira (O Pino).
 
Sobre o [[río Mera, río Tambre|río Mera]] consérvase a Ponte Puñide, de orixe romana, onde foi atopado o [[Modio de Ponte Puñide]], un ''Modium'' de [[bronce]] datado cara aos anos 360/370, actualmente exposto no [[Museo Arqueolóxico Nacional]].
 
Durante o [[antigo réxime]] as terras do Pino pertenceron á provincia de Santiago. En [[1820]] o territorio foi adxudicado ao partido xudicial de Sar, co nome de San Vicenzo do Pino. Trala [[división territorial de España en 1833]] constituíuse o concello. En 1834 pasou ao partido xudicial de Arzúa, e entre 1965 e 1988 pertenceu ao de Santiago, regresando ao de Arzúa conforme á lei 38/1988 do 28 de decembro.