Jan Hus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Carreira: arranxiño
m →‎Carreira: arranxiño
Liña 13:
Hus foi ordenado sacerdote en [[1400]] e nomeado predicador, primeiro na '''Igrexa de San Miguel''' e logo na Capela de Belén en [[1402]], onde se predicaba exclusivamente en checo. Alí fustigaba a relaxación moral do clero. Participou no movemento político-social xurdido da escola de predicadores de Milia de '''Kromeriz''', que defendían un retorno ao cristianismo primitivo e oposición á xerarquía. En [[1401]] obtivo o cargo de Decano da Facultade de Arte e Filosofía, e para [[1409]] foi nomeado rector da [[Universidade de Praga]].
 
Hus impulsou desde [[1408]] un movemento cristián baseado nas ideas de [[John Wycliff]]. Os seus seguidores foron chamados ''[[Husitas]]'' e multiplicáronse en momentos nos que a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] sufría a crise do chamado [[Cisma de Occidente]], cando exercían dous papas, aos que en 1409 agregouse un terceiro, [[Alexandre V, papaantipapa|Alexandre V]], que condenou o movemento husita e excomungou a Jan Hus. Convocado o [[Concilio de Constanza]] co fin de reunificar á Igrexa católica, Hus acudiu a defender os seus puntos de vista, pero foi condenado alí a morrer na fogueira e o [[6 de xullo]] de [[1415]] foi queimado vivo.
 
Antes de ser queimado, Hus dixo as seguintes palabras ao verdugo: "Vas asar un ganso (hus significa ganso en lingua bohemia), pero dentro dun século atoparaste cun '''cisne''' que non poderás asar." Adóitase identificar a [[Martín Lutero]] con esta profecía (102 anos despois cravou as súas [[As noventa e cinco teses|95 teses]] en [[Wittenberg]]), e comunmente adoitaselle identificar cun [[cisne]].