Liberdade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 28:
Esta idea, advirte Berlin, é sumamente perigosa serve de fundamento para a imposición duns, recoñecidos ou auto nomeados como racionais, sobre a masa amorfa que se deixa guiar polas súas paixóns; impóñenselles en prol de que fagan o mellor posible para eles mesmos: "se ese é o meu ben non estarei a ser forzado, por que o desexei, sépalo ou non, e son libre aínda que o meu pobre corpo mortal e a miña mente estúpida o rexeitan iradamente, e aínda que loite co maior desespero contra os que, a pesar de todo, traballan benignamente de impoñelo.Esta concepción da liberdade dá cabida ao ascenso de réximes totalitarios nos cales a mesma liberdade estaría en perigo.
 
Para [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|'''''Hegel''''']], o concepto é fundamentalmente a liberdade da idea. Para Hegel, o universal e racional pertence a todos os homes e son os seus máis xenuínos motivos.O home individual non pode ser libre como un todo, porque só pode ser libre se se recoñece no todo.
Se a liberdade individual fose absoluta sería independente de todo e indiferente con respecto á realidade e para os efectos da súa propia conduta sobre o resto. Actuaríase en forma egoísta en función das propias paixóns excluíndo ás circunstancias exteriores perdendo todo vínculo. Só Deus é totalmente libre di Hegel, o home, pola súa característica finita e limitada non pode selo sen referencia ao todo.
 
Ademáis, a liberdade dos individuos non pode estar separada da eticidade ou ética colectiva ou da razón universal, pola necesidade tanto vital coma política de facer coincidir a vontade particular cás vontades xerais.
 
Segundo [[Henri Bergson|'''''Henri Bergson''''']], a liberdade é a capacidade da conciencia de rexirse pola súa propia natureza, independentemente das leis e dos fenómenos da natureza.