Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
{{Taxobox
{{Outroshomónimos|Figueira (homónimos)}}
| name = xénero ''Ficus''
{{Taxonomia-planta |NOME_VULGAR= Figueira |IMAXE= Fig tree.jpg }}
| image =Ficus_elastica_-_Köhler–s_Medizinal-Pflanzen-206.jpg
{{Taxonomia-division |DIVISION= Magnoliophyta }}
| image_width = 250px
{{Taxonomia-clase |CLASE= Magnoliopsida }}
| image_caption = ''Ficus elastica in'' [[Franz Eugen Köhler]], Medizinal-Pflanzen, 1897
{{Taxonomia-orde |ORDE= Rosales }}
| regnum = [[Plantae]]
{{Taxonomia-familia |FAMILIA= Moraceae }}
| divisio = [[Magnoliophyta]]
{{Taxonomia-xenero |XENERO= Ficus }}
| classis = [[Magnoliopsida]]
{{Taxonomia-binomial-planta |NOME_CIENTIFICO= Ficus carica }}
| ordo = [[Urticales]]
{{Taxonomia-fin}}
| familia = [[Moraceae]]
| tribus = [[Ficeae]]
| genus = '''''Ficus'''''
| genus_authority = [[Carolus Linnaeus|L.]], ''Sp. Pl.'', 2: 1059, 1753[http://biodiversitylibrary.org/page/359080]
| subdivision_ranks = Especies
| subdivision =
Arredor de 800, véxase no texto
}}
 
As '''figueiras''' son árbores do [[Xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Ficus]]'', [[Familia (bioloxía)|familia]] ''[[Moraceae]]''. Tamén son coñecidas como '''ficus'''. Hai máis de 1.000 [[especie]]s de figueiras no mundo, especialmente en climas tropicais e subtropicais (o xénero ''Ficus'' é un dos maiores do [[Reino (bioloxía)|reino]] [[Plantae|vexetal]]). O representante tipo é a [[figueira]] (''Ficus carica''), cultivada en Galiza. Hai tamén especies [[Planta ornamental|ornamentais]].
 
== Descrición ==
Algunhas especies de figueiras só producen figos con flores masculinas ou femininas. Neste caso, é comun que os sinconios "masculinos" presenten flores femininas estériles, incapaces de producir sementes, mais que ainda así servirán de alimento ás larvas das vespas, asegurando que o proceso antes descrito ocorra.
 
== Especies de figueiras máis populares ==
Unhas 830 especies aceptadas das máis de 2.700 descritas e uns 75 táxones infra-especificos aceptados dos máis de 800 descritos.<ref>[http://www.theplantlist.org/browse/A/Moraceae/Ficus/ The Plant List]</ref>
 
{| border="0"
| valign="top" |
* ''[[Ficus abutilifolia|F. abutilifolia]]''
* ''[[Ficus aguaraguensis|F. aguaraguensis]]''
* ''[[Ficus albert-smithii|F. albert-smithii]]''
* ''[[Ficus albipila|F. albipila]]''
* ''[[Ficus altissima|F. altissima]]''
* ''[[Ficus amazonica|F. amazonica]]''
* ''[[Ficus americana|F. americana]]''
* ''[[Ficus andamanica|F. andamanica]]''
* ''[[Ficus angladei|F. angladei]]''
* ''[[Ficus aripuanensis|F. aripuanensis]]''
* ''[[Ficus aspera|F. aspera]]''
* ''[[Ficus aurea|F. aurea]]''
* ''[[Ficus auriculata|F. auriculata]]''
* ''[[Ficus barbata|F. barbata]]''
* ''[[Ficus beddomei|F. beddomei]]''
* ''[[Ficus benghalensis|F. benghalensis]]''
* ''[[Ficus benjamina|F. benjamina]]''
* ''[[Ficus bibracteata|F. bibracteata]]''
* ''[[Ficus bizanae|F. bizanae]]''
* ''[[Ficus blepharophylla|F. blepharophylla]]''
* ''[[Ficus bojeri|F. bojeri]]''
* ''[[Ficus broadwayi|F. broadwayi]]''
* ''[[Ficus bubu|F. bubu]]''
* ''[[Ficus burtt-davyi|F. burtt-davyi]]''
* ''[[Ficus calyptroceras|F. calyptroceras]]''
* ''[[Ficus capreifolia|F. capreifolia]]''
* ''[[Ficus carica|F. carica]]''
* ''[[Ficus castellviana|F. castellviana]]''
* ''[[Ficus catappifolia|F. catappifolia]]''
* ''[[Ficus citrifolia|F. citrifolia]]''
* ''[[Ficus cordata|F. cordata]]''
* ''[[Ficus coronata|F. coronata]]''
* ''[[Ficus cotinifolia|F. cotinifolia]]''
* ''[[Ficus craterostoma|F. craterostoma]]''
* ''[[Ficus cristobalensis|F. cristobalensis]]''
* ''[[Ficus cyclophylla|F. cyclophylla]]''
* ''[[Ficus dendrocida|F. dendrocida]]''
* ''[[Ficus deltoidea|F. deltoidea]]''
* ''[[Ficus destruens|F. destruens]]''
* ''[[Ficus drupacea|F. drupacea]]''
* ''[[Ficus elastica|F. elastica]]''
| valign="top" |
* ''[[Ficus erecta|F. erecta]]''
* ''[[Ficus eugenioides|F. eugenioides]]''
* ''[[Ficus faulkneriana|F. faulkneriana]]''
* ''[[Ficus fischeri|F. fischeri]]''
* ''[[Ficus fistulosa|F. fistulosa]]''
* ''[[Ficus fraseri|F. fraseri]]''
* ''[[Ficus gibbosa|F. gibbosa]]''
* ''[[Ficus glaberrima|F. glaberrima]]''
* ''[[Ficus glabrata|F. glabrata]]''
* ''[[Ficus glomerata|F. glomerata]]''
* ''[[Ficus glumosa|F. glumosa]]''
* ''[[Ficus godeffroyi|F. godeffroyi]]''
* ''[[Ficus greiffiana|F. greiffiana]]''
* ''[[Ficus grenadensis|F. grenadensis]]''
* ''[[Ficus grossularioides|F. grossularioides]]''
* ''[[Ficus hartii|F. hartii]]''
* ''[[Ficus hebetifolia|F. hebetifolia]]''
* ''[[Ficus hederacea|F. hederacea]]''
* ''[[Ficus heterophylla|F. heterophylla]]''
* ''[[Ficus hirsuta|F. hirsuta]]''
* ''[[Ficus hirta|F. hirta]]''
* ''[[Ficus hispida|F. hispida]]''
* ''[[Ficus hispita|F. hispita]]''
* ''[[Ficus ilicina|F. ilicina]]''
* ''[[Ficus illiberalis|F. illiberalis]]''
* ''[[Ficus luschnathiana|F. luschnathiana]]''
* ''[[Ficus indica|F. indica]]''
* ''[[Ficus infectoria|F. infectoria]]''
* ''[[Ficus ingens|F. ingens]]''
* ''[[Ficus jimenezii|F. jimenezii]]''
* ''[[Ficus krukovii|F. krukovii]]''
* ''[[Ficus lacor|F. lacor]]''
* ''[[Ficus lacunata|F. lacunata]]''
* ''[[Ficus laevigata|F. laevigata]]''
* ''[[Ficus laevis|F. laevis]]''
* ''[[Ficus lapathifolia|F. lapathifolia]]''
* ''[[Ficus lateriflora|F. lateriflora]]''
* ''[[Ficus lauretana|F. lauretana]]''
* ''[[Ficus lutea|F. lutea]]''
* ''[[Ficus lyrata|F. lyrata]]''
* ''[[Ficus macbrideii|F. macbrideii]]''
* ''[[Ficus macrocarpa|F. macrocarpa]]''
* ''[[Ficus macrophylla|F. macrophylla]]''
* ''[[Ficus magnifolia|F. magnifolia]]''
* ''[[Ficus malacocarpa|F. malacocarpa]]''
| valign="top" |
* ''[[Ficus mathewsii|F. mathewsii]]''
* ''[[Ficus matiziana|F. matiziana]]''
* ''[[Ficus mauritiana|F. mauritiana]]''
* ''[[Ficus meizonochlamys|F. meizonochlamys]]''
* ''[[Ficus mexiae|F. mexiae]]''
* ''[[Ficus microchlamys|F. microchlamys]]''
* ''[[Ficus nitida|F. microcarpa]]''
* ''[[Ficus minahasae|F. minahasae]]''
* ''[[Ficus mollior|F. mollior]]''
* ''[[Ficus monckii|F. monckii]]''
* ''[[Ficus montana|F. montana]]''
* ''[[Ficus muelleri|F. muelleri]]''
* ''[[Ficus muelleriana|F. muelleriana]]''
* ''[[Ficus mutabilis|F. mutabilis]]''
* ''[[Ficus mysorensis|F. mysorensis]]''
* ''[[Ficus natalensis|F. natalensis]]''
* ''[[Ficus nervosa|F. nervosa]]''
* ''[[Ficus noronhae|F. noronhae]]''
* ''[[Ficus nota|F. nota]]''
* ''[[Ficus obliqua|F. obliqua]]''
* ''[[Ficus obtusifolia|F. obtusifolia]]''
* ''[[Ficus opposita|F. opposita]]''
* ''[[Ficus organensis|F. organensis]]''
* ''[[Ficus padifolia|F. padifolia]]''
* ''[[Ficus pakkensis|F. pakkensis]]''
* ''[[Ficus pallida|F. pallida]]''
* ''[[Ficus palmata|F. palmata]]''
* ''[[Ficus palmeri|F. palmeri]]''
* ''[[Ficus pandurata|F. pandurata]]''
* ''[[Ficus panurensis|F. panurensis]]''
* ''[[Ficus pertusa|F. pertusa]]''
* ''[[Ficus pilosa|F. pilosa]]''
* ''[[Ficus platypoda|F. platypoda]]''
* ''[[Ficus pleurocarpa|F. pleurocarpa]]''
* ''[[Ficus polita|F. polita]]''
* ''[[Ficus prolixa|F. prolixa]]''
* ''[[Ficus pseudopalma|F. pseudopalma]]''
* ''[[Ficus pulchella|F. pulchella]]''
* ''[[Ficus pumila|F. pumila]]''
* ''[[Ficus pyriformis|F. pyriformis]]''
* ''[[Ficus racemosa|F. racemosa]]''
* ''[[Ficus ramiflora|F. ramiflora]]''
* ''[[Ficus religiosa|F. religiosa]]''
| valign="top" |
* ''[[Ficus repens|F. repens]]''
* ''[[Ficus retusa|F. retusa]]''
* ''[[Ficus roraimensis|F. roraimensis]]''
* ''[[Ficus rubiginosa|F. rubiginosa]]''
* ''[[Ficus rumphii|F. rumphii]]''
* ''[[Ficus salicifolia|F. salicifolia]]''
* ''[[Ficus salzmanniana|F. salzmanniana]]''
* ''[[Ficus sansibarica|F. sansibarica]]''
* ''[[Ficus saussureana|F. saussureana]]''
* ''[[Ficus schippii|F. schippii]]''
* ''[[Ficus schultesii|F. schultesii]]''
* ''[[Ficus schumacheri|F. schumacheri]]''
* ''[[Ficus sinuata|F. sinuata]]''
* ''[[Ficus sphenophylla|F. sphenophylla]]''
* ''[[Ficus stahlii|F. stahlii]]''
* ''[[Ficus stuhlmannii|F. stuhlmannii]]''
* ''[[Ficus superba|F. superba]]''
* ''[[Ficus sur|F. sur]]''
* ''[[Ficus sycomorus|F. sycomorus]]''
* ''[[Ficus tettensis|F. tettensis]]''
* ''[[Ficus thonningii|F. thonningii]]''
* ''[[Ficus tinctoria|F. tinctoria]]''
* ''[[Ficus tobagensis|F. tobagensis]]''
* ''[[Ficus tomentosa|F. tomentosa]]''
* ''[[Ficus tremula|F. tremula]]''
* ''[[Ficus triangularis|F. triangularis]]''
* ''[[Ficus trichopoda|F. trichopoda]]''
* ''[[Ficus trigona|F. trigona]]''
* ''[[Ficus trigonata|F. trigonata]]''
* ''[[Ficus tuerckheimii|F. tuerckheimii]]''
* ''[[Ficus ulmifolia|F. ulmifolia]]''
* ''[[Ficus ursina|F. ursina]]''
* ''[[Ficus variegata|F. variegata]]''
* ''[[Ficus variolosa|F. variolosa]]''
* ''[[Ficus velutina|F. velutina]]''
* ''[[Ficus verruculosa|F. verruculosa]]''
* ''[[Ficus virens|F. virens]]''
* ''[[Ficus virgata|F. virgata]]''
* ''[[Ficus vogelii|F. vogelii]]''
* ''[[Ficus wassa|F. wassa]]''
* ''[[Ficus watkinsiana|F. watkinsiana]]''
|}
 
=== Especies de figueiras máis populares ===
[[Ficheiro:Ficus1.jpg|miniatura|Raíces superficiais de ''Ficus benjamina''.]][[Ficheiro:Ficus2.jpg|miniatura|Tronco estrangulador de ''Ficus clusiifolia''.]] [[Ficheiro:Ficus_sycomorus.jpg|miniatura|Sicómoro grande mais debilitado na Quinta da Boa Vista, Rio de Janeiro]]
* ''F. carica'', ou [[Figueira|figueira común]], é a árbore que produce os figos comestíbeis. Nativa do [[Oriente Medio]] e do [[Mediterráneo]], os seus froitos son consumidos desde a antigüidade. Son popularmente usados ó natural, en compotas ou en doces.
* ''F. elastica'', ou falsa-[[hevea]], é unha das árbores tropicais mais cultivadas do mundo. Nativa da [[India]], é unha árbore de porte imponente, cuxo tronco e raíces - e até mesmo o tamaño das follas - se pode presentar de maneiras diferentes, de acordo coa variedade e as condicións de cultivo. Normalmente producen moitas raíces adventicias que, ao alcanzar o solo, engrosan como verdadeiros troncos auxiliares. Algúns usan o seu látex como [[bronceador]]. En realidade. este látex é extremamente [[toxicidade|tóxico]], e exposto ao sol, destrúe a [[pel]] (o efecto de "bronceamento", na verdade, é consecuencia da morte do tecido). A exposición prolongada aínda pode causar [[cancro]].
* ''F. benjamina'', ficus ou figueira-benxamín orixinaria da India, é cultivada pola súa follaxe brillante e delicada. É común vela en vasos, con porte baixo e copa podada, mais é unha planta que pode sobrepasar os 20 metros de altura, e as súas raíces poden destruír muros e pavimentos con facilidade.
* ''F. microcarpa'' é outra especie indiana introducida no [[Brasil]] como ornamental. Ao contrario das anteriores, neste país hai vespas capaces de efectuar a súa polinización, de modo que ela consegue reproducirse libremente. As súas sementes xerminan en case calquera condición, inclusive en rachaduras de construcións, pontes, muros, calzadas, etc. Esta especie crece tanto como a figueira-benxamín, e en pouco tempo pode destruír todo á súa volta.
* ''F. pumila'', ou ''hera'', ou figueira-trepadeirarubideira, é moi apreciada como ornamental. Posúe raíces adventicias pequenas que se prenden a calquera superficie, permitindo que a planta creza sobre muros.
* ''F. clusiifolia'', ou figueira-vermella, nativa do Brasil, é unha das que se comportan como "estranguladoras". Ocasionalmente xerminan sobre outras árbores, e compórtanse como [[epífita]]s até que as súas raíces alcancen o solo. Entón as raíces engrosan, crecen en volta da árbore hospedeira, até que a sufocan por apertamento e destrución dos feixes vasculares, e a matan. Os seus froitos son vermellos, pequenos, mais saborosos.
* ''F. gomeleira'', ou gameleira branca, é nativa do centro-sur do Brasil, e cultivada polas súas propiedades medicinais.
 
== Precaucións ==
 
De entre as cerca de 1.000 especies de figueiras hai moitas venenosas e moitas con froitos comestíbeis. As especies do subxénero ''Pharmacosyce'' son case todas tóxicas, mentres que os outros tres subxéneros son predominantemente inofensivas. Porén, a principal diferenza entre estes grupos reside nas minúsculas flores inseridas no interior dos sinconios, cuxa observación pode escapar aos ollos até mesmo dun [[botánico]] profesional. Polo tanto, antes de consumir figos descoñecidos, ou usar o seu látex ou as súas follas para fins medicinais, procure un botánico que poida identificar as especies correctamente, é dicir se a especie en cuestión é adecuada ao consumo.
 
== A figueira na cultura popular galega ==
[[Valentín Lamas Carvajal|Lamas Carvajal]] recolle o uso dos figos, entre outros obxectos, para cura-lo [[tarangaño]] dos nenos ([[raquitismo]]), colgándollos do pescozo. [[Víctor Lis Quibén|Lis Quibén]] recoulle outro uso medicinal, neste caso para cura-lo ''mal do torrón'' (unha enfermidade do [[bazo]] non definida): consiste en leva-lo meniño enfermo de noite a un prado no que medre unha figueira -ou unha moreira- e colocalo de pé sobre a herba, logo córtase o terrón ó redor dos pés e volven á casa co terrón posto sobre o bazo de enfermo. Así como vai secando o terrón, vai curando o rapaz.
 
Moito máis estendido é o uso do ''leite'' dos figos e brevas (é dicir, do látex) para cura-las [[espullas]].
 
=== Locucións ===
* Caer coma un figo maduro (ceder unha muller ós requirimentos sexuais dun home).
* Estar coma unha breva (dise dunha persoa chea de achaques).
* Máis mol que unha breva
* Mirrado coma un figo
* Ser coma a leña da figueira, recia de fume, fraca de madeira (aparentar máis do que se é).
* Ser coma un figo (ser moi delicado, que non se lle pode tocar).
 
=== Refraneiro ===
* A leña da figueira, recia de fume e fraca de madeira.
* A negra con frío non vale un figo, a branca con xiada, nin figo nin nada.
* A unha vella enriba de un muro, tembláballe o cú coma un figo maduro.
* Ano de brevas, nunca acá veñas.
* Ano de brevas, nunca o vexas.
* Auga ó figo e prá pera viño.
* Cando a figueira ten folla, val ouro a solla.
* Cando a gaivota busca unha figueira, anuncia tempestades desa maneira.
* Cando hai uvas e figos, amaña os teus vestidos.
* Con brevas e con figos non aproveitan os viños.
* Con brevas, viño bebas, e con figos, auga e viño.
* Con caracoles, figos e brevas auga non bebas, pero o pan e o viño sexa tanto que todo o que comas ande nadando.
* Con figos e brevas viño non bebas.
* Con figos e brevas, auga bebas.
* Con figos, bebe auga ou viño.
* Deben nadar en viño os caracois, as brevas e os figos.
* Digo e redigo que a breva nunca foi figo.
* Digo que a figueira non é figo, e así o digo.
* En tempo de figos non hai amigos.
* Figos á figueira, vellos á fogueira.
* Figos á figueira, vellos á golfeira.
* Folla na figueira, muxe na ribeira.
* Nin morcilla sen figos nin voda sen pantrigo.
* No tempo dos figos non hai amigos.
* O figo na figueira, a froita na praza e a moza no mesón, tres cousas son que maduran sen sazón.
* O que digo, digo, que a breva non é figo.
* Ós figos, se son verdes, hai que darlle viño.
* Os figos, se son verdes, hai que darlle ó viño.
* Por santa Técola acábanse as queixas. (Santa Tegra, 23 de setembro)
* Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote meu amigo.
* San Técola que vindima as uvas e os figos leva.
* Santiago trai as béveras e os figos leva santa Tecra.
 
=== Cantigueiro ===
* ''A miña muller é vella,/ de vella non me ten fillos,/ héina de mandar colgar/ nunha figueira de figos''.
* ''A miña muller é vella/ e de vella non ten fillos;/ heina de pór de espantallo/ nunha figueira dos figos''.
* ''A unha vella/ enriba de un muro/ tembláballe o cú/ coma un figo maduro''.
* ''A unha vella/ que estaba no muro/ tembráballe o cu/ como un figo maduro''.
* ''Eu non quero uvas,/ figos nin castañas,/ pero prás ameixas/ teño boas mañas''.
* ''O rei mandou unha carta/ dentro dun figo maduro:/ que as mulleres beban viño e os homes, mexo de burro''.
* ''¡Quen fora reichiño ruibo/ pra cantar na túa figueira,/ pra non salir do teu horto/ e aniñar na túa silveira''. <ref>''Rei'' é un dos nomes que recibe o [[paporroibo]].</ref>
* ''Vaia, que non tornas pouco/ da túa figueira, valeca!/ Eche segundo, meu neno,/ eche segundo a quen sexa''.
* ''Veña o aguinaldo logo,/ figos, viños e lacós:/ somos bos de conformar,/ non somos nada lapós''.
 
=== Adiviñas ===
* Adiviña adiviñador, ¿que frutal carga sen a súa frol?.
* Altas nais capeludas,/ mais fillos zaramboles. Adiviña ti, se podes.
* Cen e cen fillos ten/ e todos a leite os mantén.
* Cen e cen fillos ten/ e todos con leite mantén.
* Cen e cen fillos ten/ e a todos con leite os mantén.
 
En tódolos casos, a solución é a figueira.
 
== Notas ==
21.425

edicións