Cleveland, Ohio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{fusióndesde|Historia urbana de Cleveland}}
==Introdución==
'''Cleveland''' é unha cidade dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], situadas no estado de [[Ohio]] xunto ao Lago Erie, na súa beira sur. Bastión da, noutra hora, puxante industria pesada da rexión dos Grandes Lagos, agora forma parte do coñecido coma cinto do ferruxe, zona en declive pola forte reconversión sufrida nestes anos pasados.
'''Cleveland''' é unha cidade estadounidense que pertence ao estado de [[Ohio]] . É a sede do condado de Cuyahoga, o máis poboado deste estado. Segundo o censo de 2010, a cidade en si ten un total de 396.815 habitantes, convertindo a Cleveland na cuadraxésimo quinta cidade máis grande dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e na segunda máis grande de Ohio.
Ten 478.403 habitantes (2000) é un área metropolitana propia de 2.205.871 (2000).
 
==Coordenadas==
A cidade está situada no nordeste de Ohio, na ribeira sur do lago Erie, aproximadamente a 60 millas (97 km) ao oeste da fronteira co estado de Pensilvania. Fundouse en 1796 preto da desembocadura do río Cuyahoga, e convertiuse nun centro manufactureiro grazas á súa localización na ribeira, así como a estar conectado con numerosas canais e liñas de ferrocarril.
 
==Historia==
O nome Cleveland aparece o 22 de Xullo de 1796, cando inspectores da “Connecticut Land Company” convertiron a “Connecticut's Western Reserve” en pequenas vilas cunha capital á que lle chamaron “Cleaveland” polo xeneral Moses Cleaveland.
 
==Xeografía==
De acordo coa Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 82,47 millas cadradas (213,60 km2), das cales, 77,70 millas cadradas (201,24 km2) son terra e 4,77 millas cadradas (12,35 km2) son auga. A ribeira do lago Erie sitúase a 569 pés (173 m) por riba do nivel do mar; porén a cidade repousa sobre acantilados irregulares que se estenden de maneira abrupta en paralelo con lago. En Cleveland estes acantilados son cortados principalmente polo río Cuyahoga, Big Creek, e Euclid Creek. A terra ascende rapidamente dende a ribeira do lago. A “Public Square”, a menos dunha milla (2 km) terra adentro, atópase a unha altura de 650 pés (198 m), e o aeroporto Hopkins, a só 5 millas (8 km) terra adentro dende o lago, atópase a unha altitude de 791 pés (241 m).
 
==Clima==
Como é típico da rexión dos grandes lagos, Cleveland presenta un clima continental con catro estacións ben diferenciadas, o que deriva nun clima continental húmido. Os veráns son quentes e húmidos, mentres que os invernos son fríos e nevarentos.
 
 
 
 
 
 
==Véxase tamén==
{{Cidades con máis poboación dos Estados Unidos}}