Diferenzas entre revisións de «Illa Devon»

sen resumo de edición
m (r2.7.3) (Bot: Engado: vi:Đảo Devon)
Sem resumo de edição
|}
 
A '''Illa Devon''' é a segunda maior illa do arquipélago das [[Illas da Raíña Isabel]], en [[Nunavut]], [[Canadá]]. É a 27 maior illa do mundo e a 6 de Canadá. É a maior [[illa deshabitada]] da terra. A Illa Devon abarca un área de 55.247 km². Debido a súa relativamente alta elevación e a súa extrema latitude ao norte, na illa só habitan uns poucos [[Boi Almizclero|bois almizcleros]]. A vida animal concéntrase nas planicies de Truelove, que ten un microclima favorable que permite o crecemento dalgunhas especies vexetais árticas. As temperaturas durante a breve tempada de crecemento non exceden dos 10 °C, e no inverno poden caer ata os -50 °C. Cunha ecoloxía de deserto polar, a Illa Devon recibe moi poucas precipitacións.
 
A Illa Devon tamén é coñecida pola presenza do [[Cráter Haughton]], creado fai uns 39 millóns de anos cando un meteorito duns 2 km de diámetro chocou contra o que na época era un bosque. O impacto deixou un cráter de aproximadamente 23 km de diámetro, que se converteu nun lago durante varios millóns de anos. O cráter é hoxe en día un dos lugares máis parecidos á xeografía de [[Marte]] que hai sobre a terra.
344.391

edicións