Grupo 7: Diferenzas entre revisións

filme de 2012 dirixido por Alberto Rodríguez Librero
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2013 ás 20:22

Grupo 7 é un filme español de xénero policíaco, dirixida por Alberto Rodríguez Librero e estreada o 4 de abril de 2012.

Grupo 7
Ficha técnica
Título orixinalGrupo 7
DirectorAlberto Rodríguez Librero
GuiónRafael Cobos
Alberto Rodríguez
IntérpretesMario Casas
Antonio de la Torre
José Manuel Poga
Joaquín Nuñez
DistribuidoraWarner Bros. Pictures Intl. España.
Estrea4 de abril de 2012
Duración96 minutos
OrixeEspaña España
XéneroThriller policíaco
Na rede
http://www.lzproducciones.com/sinopsis.php?iicc=1&iiccs=22
IMDB: tt1924277 Filmaffinity: 712741 Allocine: 193254 Allmovie: v560783 TCM: 866248 Editar o valor em Wikidata

Sinopse

Para o Grupo 7 non existe a delgada liña que separa os recursos pouco éticos dos abertamente ilegais. O seu modus operandi: violencia, coaccións, mentiras, e medias verdades... todo vale.

Grupo 7 compóñeno: Ángel (Mario Casas), un novo aspirante a inspector, intelixente e compasivo, Rafael (Antonio de la Torre) un policía expeditivo, contundente e arrogante, Miguel (José Manuel Poga) e Mateo (Joaquín Núñez) que son os retranqueiros do Grupo e capaces das maiores brutalidades, pero tamén de inesperadas mostras de tenrura.

Entre Ángel e Rafael xurdirá unha estraña comprensión e terminarán parecéndose o un ao outro máis do que imaxinasen nunca. Ángel transita, cada vez con máis soltura, polo camiño da ambición e dos excesos policiais, mentres que algo no interior de Rafael transfórmase grazas ao amor inesperado da bela e enigmática Lucía. O xogo de traizóns, lealdades e sentimentos complicarase a medida que o Grupo 7 acumula éxitos e condecoracións.

O seu obxectivo é limpar de droga as rúas de Sevilla nos anos previos á inauguración da Expo 92.

Personaxes

Premios e candidaturas

XXVII edición dos Premios Goya
Categoría Persoa Resultado
Mellor película Candidata
Mellor director Alberto Rodríguez Librero Candidato
Mellor actor protagonista Antonio de la Torre Candidato
Mellor actor de reparto Julián Villagrán Gañador
Mellor actriz revelación Estefanía de los Santos Candidata
Mellor actor revelación Joaquín Núñez Gañador
Mellor guión orixinal Alberto Rodríguez Librero
Rafael Cobos López
Candidatos
Mellor música orixinal Julio de la Rosa Candidato
Mellor fotografía Álex Catalán Candidato
Mellor montaxe José M. G. Moyano Candidato
Mellor dirección artística Pepe Domínguez del Olmo Candidato
Mellor dirección de produción Manuela Ocón Candidata
Mellor deseño de vestiario Fernando García Candidato
Mellor maquillaxe e perruquería Yolanda Piña Candidata
Mellor son Daniel de Zayas Ramírez
Nacho Royo-Villanova
Pelayo Gutiérrez
Candidatos
Mellores efectos especiais Juan Ventura Candidato

Véxase tamén

Ligazóns externas