Lapa (molusco): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 4:
 
==Morfoloxía==
Presenta unha [[cuncha]] cónica de ampla base, co ápice un pouco adiantado cara a parte anterior; o contorno da base é irregular. Pode alcanzar diámetros de ata 6 cm pero habitualmente non supera os 3 cm.
 
A superficie está percorrida por costelas radiais ben marcadas, así como outras máis débiles entre aquelas. Poden apreciarse as liñas de crecemento concéntricas.
 
A cor habitual é gris ou marrón, con tons amarelos e manchas pardas. O interior da cuncha é branco, brillante, coas marxes transparentando os debuxos exteriores. Pode distinguirse claramente a impresión muscular en forma de ferradura aberta anteriormente.
 
==Hábitat e bioloxía==
Distribúese abundantemente por toda apola costa europea do [[Atlántico]] desde a [[Canle da Manga]], e no [[Mediterráneo]]. Viven fixados nas rochas da franxa supralitoral e medioliteral.
 
Son animais [[herbívoro]]s que se alimentan das algas. Cando a pedra na que viven queda descuberta, ó baixar a marea, péganse firmemente á rocha como medida defensiva contra os predadores e para evitar así a desecación.
 
==Aproveitamento pesqueiro e comercial==
 
==As lapas en Galicia==´
Outras denominacións populares da lapa son as de ''copo'', ''cuco'' e ''lámparo''.