Diferenzas entre revisións de «Jaime Pita»

sen resumo de edición
En [[1983]] presentouse coma candidato á alcaldía de Betanzos, por [[Alianza Popular]]. A pesar da derrota, obtivo o cargo de concelleiro, que revalidaría nos anos [[1987]], [[1991]] e [[1995]] (nas dúas últimas ocasións xa baixo as siglas do Partido Popular). Igualmente, e dende [[1989]], compaxinou esta labor coa de [[deputado]] no [[Parlamento de Galicia]], do que fixo parte dende a III lexislatura, e no que foi voceiro do Partido Popular nas lexislaturas V e VI. De marcado conservadorismo, cómpre salientar deste período as súas rifas verbais coa oposición, especialmente con [[Xosé Manuel Beiras]], voceiro do [[Bloque Nacionalista Galego]].
 
En [[1999]] foi nomeado [[Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza|Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas]], no terceiro goberno de [[Manuel Fraga Iribarne|Manuel Fraga]], razón pola que dimitiu coma concelleiro de Betanzos. Mantivo o cargo no seguinte goberno da [[Xunta de Galicia|Xunta]], e ata a derrota do PP nas [[Composición do Parlamento de Galicia#VII lexislatura|eleccións autonómicaso deano 2005]].
 
{{Start box}}
Usuario anónimo