Grupo de diferenciación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Os '''grupos de diferenciación''', abreviados como '''CD''' (do inglés ''Cluster of Differentiation'') e moitas veces denominados '''''clusters'' de diferenciación''', '''cúmulos de diferenciación''', '''''clusters'' de designación''' ou '''''clusters'' de determinantes''' e tamén '''antíxenos de diferenciación''' ou '''antíxenos CD''' son moléculas que se encontran na superficie celular de [[leucocito]]s e outras células, que funcionan como marcadores [[antíxeno|antixénicos]] recoñecidos por certos [[anticorpo]]s ([[anticorpo monoclonal|anticorpos monoclonais]]), que serven para identificar o tipo de célula, e o seu estado de diferenciación ou de actividade, xa que algúns son característicos de determinadas células ou estados.
 
Os CD utilízanse como un protocolo para a identificación e investigación das moléculas da superficie celular por medio do [[inmunofenotipificación]] (ou inmunofenotipado) de células. Por exemplo, durante a maduración e diferenciación dos linfocitos inmaduros, van aparecendo secuencialmente na superficie destes unha serie de receptores inmunitarios conforme progresa a maduración e diferenciación, de modo que aparecen uns, despois algúns desaparecen, outros mantéñense, aparecen outros novos. Isto depende de acontecementos internos da célula como cambios na [[expresión xénica|expresión de xenes]]. Estes marcadores danlle aos linfocitos compoñentes fenotípicas únicas do estado en que se encontran. Ademais de nos leucocitos, aparecen tamén noutras células, como en células hematopoiéticas (sanguíneas).