Cromosoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Kryser (conversa | contribucións)
Kryser (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[image:chromosome.png|frame|'''Figura 1:''': Cromosoma. (1) <font color="#0000FF">Cromatídeo</font>. Cada un dos dous brazos idénticos dun cromosoma despois da fase S. (2) <font color="#FF0000">Centrómero</font>. O punto de ligación de dous [[cromatídeo]]s, onde se ligan os [[microtúbulo]]s. (3) Brazo curto. (4) Brazo longo.]]
 
Un '''cromosoma''' é '''un estado temporal do ADN durante a [[mitose]]''' que facilita a súa repartición na dita división celular. Os cromosomas son visíbeis ao microscopio óptico, e o millor momento para observalos é na metafase, cando están situados na placa ecuatorial. A organización deste ADN é sempre a mesma coa axuda das proteínas histonas, e son empregados para localizar xenes ou outras secuencias e tamén para explicar dun xeito máis docente o funcionamento da reprodución celular eucarionte, anque non existan durante o estado de reposo, a [[interfase]]. Nese período, o cromosoma desorganízase e tópase en forma de cromatina, suspendida no nucleoplasma.
Un '''cromosoma''' é unha longa secuencia de [[ADN]], que contén varios [[xene]]s, e outras secuencias de [[nucleótido]]s con funcións específicas nas [[célula]]s dos [[seres vivos]]. É polo tanto unha unidade de información do [[código xenético]] no [[ADN]].
 
Os mais populares son os chamados comosomas sexuais, X Y, pola forma que teñen, pois as mulleres só teñen pares de cromosomas de tipo XX e os homes un par de tipo XY. Os humanos temos 23 pares de cromosomas. O número de cromosomas depende da especie.
Liña 8:
Nos cromosomas dos [[eucarionte]]s, o [[ADN]] atópase nunha forma semiordenada dentro do [[núcleo celular]], agregado a [[proteína]]s estruturais, as [[histona]]s (Fig. 1), e toma a designación de [[cromatina]]. Os [[procarionte]]s non posúen histonas nin núcleo; tampouco alcanza nunca unha superestructuración tan complexa coma a do cromosoma eucarionte, polo que non é moi exacto falar de cromosoma bacterián. Na súa forma non-condensada,é dicir, coma cromatina, o ADN pode sofrer [[transcrición]], [[regulación]] e [[replicación]].
 
Durante a [[mitose]] (ver [[división celular]]), os cromosomas atópanse condensados e teñen o nome de cromosomas [[metafase|metafásicos]] e é a unica ocasión en que se poden observar cun [[microscopio]] óptico.
 
O primeiro investigador a observar cromosomas foi [[Karl Wilhelm von Nägeli]] en [[1842]] e o seu comportamento foi descrito en detalle por [[Walther Flemming]] en [[1882]]. En [[1910]], [[Thomas Hunt Morgan]] provou que os cromosomas son os portadores dos xenes.