Grupo de diferenciación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 18:
As poboacións celulares son definidas usando un signo "+" ou "-" para indicar se unha certa fracción celular expresa ou carece dunha determinada molécula CD. Por exemplo, unha célula "[[CD34]]+, [[CD31]]-" expresa o CD34, pero non o CD31. Esta combinación de antíxenos CD corresponde tipicamente a unha [célula nai]] en oposición a unha [[célula endotelial]] completamente diferenciada. Algunhas poboacións celulares poden tamén definirse como <small><sup>hi</sup></small> (alta), <small><sup>mid</sup></small> (media) ou <small><sup>low</sup></small> (baixa) ou alternativamente <small><sup>bright</sup></small> (brillante), <small><sup>mid</sup></small> (media) ou <small><sup>dim</sup></small> (escura), indicando con estes superíndices a variabilidade na expresión do CD, particularmente cando se comparan con outras células que se están a estudar. Un traballo de "revisión" do desenvolvemento de células T no [[timo]] utiliza esta nomenclatura para identificar as células que están en transición desde células dobre positivas CD4<small><sup>mid</sup></small>/CD8<small><sup>mid</sup></small> ata células CD4<small><sup>hi</sup></small>/CD8<small><sup>mid</sup></small>.<ref name="pmid19151747">{{cite journal | author = Ho IC, Tai TS, Pai SY | title = GATA3 and the T-cell lineage: essential functions before and after T-helper-2-cell differentiation | journal = Nat. Rev. Immunol. | volume = 9 | issue = 2 | pages = 125–35 | year = 2009 | month = February | pmid = 19151747 | pmc = 2998182 | doi = 10.1038/nri2476 }}</ref>
 
==Inmunofenotipificación==
==Inmunofenotipado==
[[Ficheiro:Cluster of differentiation.svg|thumb|Grupo de diferenciación.]]
O sistema CD úsase xeralmente como un sistema de marcadores en [[inmunofenotipificación]] (ou inmunofenotipado), que permite a definición das células baseándose en que moléculas están presentes na súa superficie. Estes marcadores utilízanse a miúdo para asociar as células cunha determinada función inmune. Aínda que utilizar unha soa molécula CD para definir poboacións non é moi común (pero hai uns poucos exemplos), a combinación de marcadores permite establecer tipos celulares con definicións moi específicas no sistema inmunitario.