Templo de Xerusalén: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 12:
ata formar unha explanada de aproximadamente 500 metros de longo por 300 metros de ancho. O patio interior do Templo rodeouse por un muro formado por tres capas de bloques de pedra cubertas por vigas de madeira de cedro. Neste patio interior podían entrar os peregrinos e as masas de fieis, pero o Santuario do Templo só era accesible ao rei e aos sacerdotes.
 
A construción do Templo de Xerusalén foi o evento máis importante do reinado de Salomón, grazas ao cal o seu nome recordouse ata 30 séculos logo da súa morte. Xa na biblia o Templo acaparara a maioría dos escritos onde aparecía o rei Salomón. A súa fama transcendeu os tempos, influíndo -como edificio ideal deseñado polo mesmo Deus- na concepción de edificios como [[Igrexa de Santa Sofía|Santa Sofía de Constantinopla]] ou o [[Mosteiro do Escorial]].
 
Logo da morte de Salomón, o templo sufriu profanacións non só coas invasións senón coa introdución de deidades siro-fenicias en certos períodos e só se restaurou en varias ocasións como nos reinados de [[Ezequías]] e [[Xosías]]. Finalmente foi destruído polo rei [[Babilonia|babilónico]] [[Nabucodonosor II]] en [[-587]], que ademais levou cativa a unha gran parte dos habitantes do [[Reino de Xudá]] cara a terras caldeas.