Agnosticismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: als:Agnostizismus
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Thomas Henry Huxley.jpg|dereita|miniatura|200px|[[Thomas Henry Huxley]], quen acuñou o termo "agnóstico".]]

O '''agnosticismo''' é unha doutrina [[filosofía|filosófica]] que considera que o coñecemento do absoluto é inaccesible para o coñecemento humano, particularmente utilízase para o refererirse ao coñecemento da natureza e existencia de deuses ou dun único [[Deus]]. O termo débese a [[Thomas Henry Huxley]] que o utilizou en [[1869]] para describir esta filosofía.
== Etimoloxía e definición ==

Doutrina filosófica segundo a cal o entendemento humano non pode coñecer o absoluto, senón solamente o fenomenal ou relativo.

A lectura do pasaxe de san Pablo no que alude á inscripción "A un [[Deus]] descoñecido" que viu nun altar de [[Atenas]] (Act. 27:23) suxiriulle a [[Huxley]] o emprego desta palabra, agnosticismo, [[(1869)]] con significado oposto ao de "[[gnosticismo]]", método de especulación vago e teosófico moi xeneralizado na [[Igrexa]] primitiva.

O agnosticismo limita o noso coñecemento ás manifestacións e transformacións da materia e a enerxía e rexeita todo coñecemento de existencia espiritual, ora divina, ora humana. Acepta as conclusións da [[ciencia]] e a experiencia sensorial e rexeita, como conxetura carente de fundamento, toda afirmación referente ao non visible.

Os agnósticos poñen gran coidado, sen embargo, en non confundirse cos [[ateos]], por unha parte, e os materialistas filosóficos, por outra, aínda que uns e outros rexeitan actitudes que se limitan a proclamarse puramente nescientes no referente á existencia espiritual. Os agnósticos non negan que tras os fenómenos cognósticos, sensoriais e volitivos exista un ente permantente ou [[alma]]; pero sosteñen que nada pode probarse ou desbotarse respecto á existencia da alma separada do corpo, a súa substancia ou permanencia. Admiten, asimesmo, que tras os fenómenos materiais do [[Universo]] pode existir un [[Deus]] ou Ser Universal; pero afirman a imposibilidade de determinar ou definir a natureza [[consciente]] e espiritual dese Ser. A todos esos problemas convén unha soa resposta: non sabemos nada nin nada nos induce a supoñer que cheguemos algún día a saber algo.

O agnóstico soe diferenciar entre «coñecer» e «crer». Para el, unha persoa relixiosa distínguese de unha atea polo feito de que o relixioso «cre que Deus existe» e o ateo «cre que deus non existe». Así, o agnóstico apártase da postura de crenza indicando que uns y outros (relixiosos y ateos) «cren» na existencia ou inexistencia dunha entidade superior, mentres que el a «descoñece».

A historia, sen embargo, parece demostrar que gran parte do agnosticismo relixioso tende en último termo ao [[escepticismo]].

== Variedades e controversias ==

Aínda que existen moitos matices e variedades de agnosticismo, todas as formas razoadas e sistemáticas se basan actualmente, máis ou menos abertamente, nas especulacións de [[Kant]]. A conclusión do análise crítico da razón humana, segundo [[Kant]], é a de que soamente podemos coñecer o fenómeno, mentres que as ideas tales como as de [[Deus]], [[alma]] e inmortalidade so poden ser aprendidas pola [[fe]] práctica.

O lado negativo desta teoría foi presentado por [[Herbert Spencer]], cuxas obras constitúen unha exposición acabada de agnosticismo.

En definitiva sempre se chegará á conclusión de que éste descansa na teoría subxetiva do coñecemento e soamente pode ser refutado mediante a demostración de que o noso coñecemento da realidade é xenuino e seguro.

[[Categoría:Filosofía]]