Os Quinindiolas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 24:
 
===Consolidación===
A partir de aí, algúns membros da Favorita empezan a quedar informalmente nun local de ensaio onde lles prestaban os instrumentos, e compoñen algunhas cancións máis. Os integrantes do grupo nese momento son Pepe, Xelís, Xoán e Óscar. Esta é a formación que se presenta ao concurso de maquetas [[Racha coas Ondas|''Racha coas Ondas'']] de TVE-Galicia.
 
Pouco despois, vendo Os Quinindiolas que aínda non tiñan repertorio abondo, deciden acudir ao encontro da Trilateral en Barcelona acompañados do grupo compostelán [[Nicho Varullo]]. Este encontro dos Nicho e dos Quinindiolas enriquece aos dous grupos, pois un membro de cada un deles pasa a formar parte tamén do outro grupo: Pepe Sendón entra en Nicho Varullo a tocar a batería, posto que acababa de quedar vacante. E [[Fran Pérez Narf|Fran Pérez]], baixista dos Nicho, entra tamén a tocar o baixo nos Quinindiolas. Con Fran de baixista, Os Quinindiolas evolucionan rápido, aumentan o seu repertorio, e empezan a dar concertos en moitos lugares de Galicia.
 
Logo dun tempo tocando en directo, Xan tivo problemas de saúde e o grupo tivo que parar a súa actividade. Curiosamente, foi neste momento cando tiveron oportunidade de deixar rexistro sonoro e visual da súa actividade: no ano 91 gravaron o EP, e tamén os playbacks para os programas ''[[Sitio Distinto]]'' e ''[[Mar a Mar]]'' da TVG. Todas estas gravacións foron en formato de trío, con Xelís, Pepe e Fran.