Listeriose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Listeria monocytogenes PHIL 2287 lores.jpg|miniatura|300px|Microfotografía electrónica de ''Listeria monocytogenes'']]
A '''listeriose''' é unha denominación xenérica dun grupo de [[enfermidade de orixe alimentaria|enfermidades de orixe alimentaria]] causadas por distintas especies do xénero ''[[Listeria]]'', sendo a ''[[Listeria monocytogenes|L. monocytogenes]]'' a máis frecuente e característica.
 
==Etioloxía==
As listerias son [[bacteria]]s gram positivas, flaxeladas, [[anaerobiose|anaerobias]] facultativas. A ''L. monocytogenes'' está presente no [[aparato dixestivo]] humano e non se valorou suficientemente a súa patoxenicidade ata finais do [[século XX]]. Tamén está presente habitualmente no medio ambiente (home e animais domésticos e silvestres, auga, vexetais e no chan).
 
Unha particularidade da ''[[Listeria]]'' que a fai especialmente perigosa é a súa capacidade de crecer a baixas temperaturas (4-6ºC), polo que non é inhibida polos sistemas de [[conservación de alimentos|conservación]] habituais nos alimentos: sobrevive e multiplícase sen problemas a temperaturas de [[refrixeración dos alimentos|refrixeración]]. Polo contrario, os tratamentos térmicos culinarios ou na elaboración de [[conserva]]s destrúen a bacteria.
 
==Patoxenia==