Duns Scoto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Foi alumno do colexio franciscano de [[Haddington]], e estudou [[teoloxía]] en [[Nothampton]], onde foi ordeado sacerdote en 1291. Enviárono a París entre os anos 1291 e 1296, e despois volveu a Inglaterra, á universidade de [[Cambridge]]. De Cambridge pasou a [[Oxford]] (1300-1302) e de aquí a [[París]] (1302-1303). A causa das crecentes tensións entre o emperador e o papa, Scoto foi chamado ao estudo franciscano de [[Colonia]]. Ali, despois dun ano de docencia, faleceu en 1308.
 
 
 
==Pensamento==
Para captar o diferente nivel teórico dos seus escritos, é preciso distinguir dous grupos: o primeiro, da súa época xuvenil, está constituído por ''Comentarios'' a obras de filósofos antigos, en particular de Aristóteles e de Porfirio, e o segundo grupo, correspondente ao seu período de madurez, representado polos ''Comentarios a las Sentencias'' de Pedro Lombardo. A pesar da similitude de xénero literario -son sempre comentarios- e diferenza de contidos e de valor entre os dous grupos é notable, como suxiren incluso os títulos cos que foron designadas ditas obras: ''Reportata parisiensia'', ''Lecturae cantabrigenses'', ''Ordinatio''. ''Reportario'' indica un tipo de escrito redactado coa aprobación do mestre -neste caso, EscotoScoto- polos seus propios discípulos, que deixaban constanciadeconstancia de todo o que o mestre lles ía ensinando. A ''Ordinato'', que antes recibía o nome de ''Opus Oxoniense'', foi ditada de forma persoal polo propio Scoto. Trátase da súa principal obra. Por último a ''Lectura'' consiste nos apuntes do mestre, redactados como esquema para a ensinanza cotiá. Xunto a estes escritos convén recordar un opúsculo denso e conciso, el ''De Primo Principio'', que foi definido como "a máis grande das obras breves de Duns Scoto" (E. Roche).
 
== Distinción entre filosofía e teoloxía ==
Scoto propón unha distinción nítida entre [[filosofía]] e teoloxía. A filosofía posee unha metodoloxía que non é asimilable á metodoloxía da teoloxía. Para Scoto é de gran importancia precisar as esferas respectivas e os criterios específicos destes dous termos.
Scoto propón unha distinción nítida entre
A filosofía ocúpase do ente en canto a ente e de todo o que poida reducirse a el ou deducirse del. A teoloxía, en cambio, trata dos obxectos de fe. A filosofía segue un procedemento demostrativo, mentres que a teoloxía adopta o porcedemento persuasivo; a filosofía restrínxese á lóxica do natural, mentres que a teoloxía se move dentro da lóxica do sobrenatural. A filosofía ocúpase do xeral ou universal e a teoloxía profundiza e sistematiza todo aquelo que Deus se dignou a revelarnos a cerca da súa natureza persoal e do noso destino. A filosofía é esencialmente especulativa, porque se propón coñercer por coñecer, mentres que a teoloxía é tendencialmente práctica, porque deixa de lado certas verdades, co obxectivo de inducirnos a actuar máis correctamente.