Programa Gemini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m máis
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-valeiro +baleiro)
Liña 3:
 
== Historia ==
Entre o último voo do proxecto Mercury e o primeiro voo programado do programa Apollo existía un valeirobaleiro de varios anos que a [[NASA]] decidiu encher cun programa tripulado que lle proporcionara solución e experiencia en problemas como manobras orbitais, citas en órbita e atraque, reentradas con planeo e [[Paseo espacial|paseos espaciais]], todos eles necesarios para levar a cabo o obxectivo do programa Apollo de chegar á [[Lúa]].<ref name=astronautix/>
[[Imaxe:S66-34098.jpg|miniatura|Lanzamento da Gemini 9.]]
O programa Gemini orixinouse sobre a base do proxecto Mercury, seleccionándose unha cápsula que permitira acomodar a unha tripulación de dous [[astronauta]]s en lugar do único tripulante das cápsulas Mercury. Dotouse á cápsula de capacidade para manobrar en [[órbita]] e se propuxeron varias naves como obxectivo para as prácticas de cita e atraque orbitais. Os controis dispuxéronse de maneira similar ós das aeronaves de combate e en lugar de [[torre de escape]] os astronautas dispoñían de [[Asento exectable|asentos exectables]] para saír disparados en caso de problemas co [[Foguete espacial|foguete lanzador]]. A cápsula contaba ademais con navegación inercial e [[radar]]. Tódalas cápsulas Gemini foron lanzadas mediante foguetes [[Titan II GLV]] (Titan II Gemini Launch Vehicle), unha versión modificada dos Titan II.<ref name=astronautix/>