Corte (do gando): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 5:
 
==A corte tradicional==
Na casa tradicional galega, a corte era un edificio anexo á casa principal, moitas veces na planta baixa da mesma, buscando unha comunicación fácil e cómoda para poder acomodar o gando sen necesidade de saír á intemperie. Nas [[palloza]]s, a corte constituía unha división máis da planta principal, a carón da cociña ou das habitacións da xente. Cando a corte se construía como planta baixa da casa familiar implicaba algunhas vantaxes engadidas, como illar a planta de vivenda do frío e a humidade do chan e proporcionar unha forma de calefacción non despreciabledesprezable, así como unha cómoda vía de eliminación dos excrementos das persoas, en tempos nos que aínda non existía un sistema de alcantarillado que garantise esa función de forma hixiénica.
 
Tratábase dunha construción sinxela e funcional, de madeira ou pedra, cunha porta ampla que facilitase a entrada e saída do gando e con ventás pequenas (chamadas ''bufardas'' ou ''facchinelos''), que se tapaban con atados de palla durante o inverno.
 
A zona de acceso á corte adoitaba ter un espazo pechado (''curral'', ''boieira'', ''corrada'', ''quinteiro'') que podía ter unha parte cuberta, ben por unha parra, ben por un [[tellado]] simple. Neste quinteiro andaba ceibe o porco e as [[galiña]]s e na parte cuberta gardábase o [[carro]], o [[arado]] e os outros trebellos propios do traballo do gandeiro.