Sintetizador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: eu:Sintetizadore
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 35:
A partir dese momento as técnicas de creación de son multiplícanse. Cada marca desenvolve tecnoloxías específicas, dixitais na maior parte dos casos, para ofrecer unha maior facilidade de operación dos teclados, moitos máis parámetros de edición e a posibilidade de imitar fidelmente instrumentos tradicionais. Tamén cabe comentar, como recordatorio histórico, a aparición nesta época doutros aparatos que sen os cales non se podería entender a música actual e a electrónica en particular: os [[sampler]]s e os [[secuenciador]]es.
 
A mediados dos noventa prodúcese un período de revivalrexurdimento dos [[sintetizador analóxico|sintetizadores analóxicos]], reivindicando algunhas das súas características que ficaran arrinconadas desde a invasión da tecnoloxía dixital dos anos oitenta. Actualmente algúns fabricantes están especializados na produción de sintetizadores puramente analóxicos coas vantaxes da tecnoloxía moderna, con grandes resultados artísticos e comerciais.
 
Tamén cabe destacar a continua aparición de sintetizadores de programas, que se basean nunha [[aplicación informática]] que se executa nun ordenador corrente cunha tarxeta de son. Poden tratarse de programes independentes ou mesmo de ''plug-ins''. Hai neste eido sintetizadores completamente diferentes, ás veces que empregan técnicas innovadores de difícil implementación en sintetizadores físicos. Tamén hai emuladores fidedignos ou mellorados de modelos xa existentes, como o Arturia V (emulación do MiniMoog). Estes instrumentos dixitais destacan pola súa grande versatilidade e facilidade de edición (pantalla a color, rato, etc); aínda que, coma calquera programa informático, o seu funcionamento correcto depende en gran medida das especificacións e da calidade da tarxeta de son do ordenador.