Célula presentadora de antíxenos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
As células presentadoras de antíxenos divídense xeralmente en dous grupos: as células presentadoras "profesionais" e as "non profesionais". Considéranse "profesionais" as que expresan de forma constitutiva as moléculas do [[MHC de clase II]].
 
As células T non poden recoñecer os antíxenos libres, e, por tanto, non poden responder a eles. As células T só poden detectar antíxenos que foron primeiro procesados e despois presentados na superficie de células unidos a moléculas portadoras como as do [[MHC]] e [[CD1]]. A maioría das células do corpo poden presentar antíxenos ás células T CD8<sup>+</sup> por medio das moléculas MHC de clase I e, así, actúan como células presentadoras; porén, o termo "célula presentadora" a miúdo limítase ás células especializadas que poden cebar ás células T (é dicir, activar unha célula T que non foi exposta a un antíxeno, denominada ''[[célula T virxe]]''). Estas células, en xeral, expresan moléculas do [[MHC de clase II]] e do [[MHC de clase I]], coas que poden estimular, respectivamente, ás [[célula T axudante|células CD4<sup>+</sup> ("axudantes")]] e ás [[célula T citotóxica|células CD8<sup>+</sup> ("citotóxicas")]].
 
Case todas as células nucleadas expresan os receptores MHC de clase I, incluíndo as células presentadoras profesionais. Se un [[virus]] infecta a un [[macrófago]] ou [[célula dendrítica]], promoverá a súa propia destrución por medio de células T citotóxicas, xa que o antíxeno será presentado unido ao [[MHC-I]]. Pero hai un segundo mecanismo para a loita contra virus: as células dendríticas poden inxerir virus por [[pinocitose]] e, por tanto, activan a resposta inmune adaptativa para producir [[anticorpo]]s contra o virus presentando o antíxeno por medio dos receptores [[MHC-II]].