Mosteiro de Santa María de Montederramo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Furado (conversa | contribucións)
m Feminino, segundo a Real Academia Galega (http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=17257)
Liña 90:
 
====Os retablos====
No '''retablo maior''' da igrexa traballou o afamado escultor [[Mateo de Prado]], ao que se lle debe o fundamental. Trátase dun dos primeiros retablos barrocos de Galicia. [[Ferro Couselo]] sinala como no ano [[1650]] veu a Montederramo ''"para ver e trazar os retablos e demais obras..."'' '''Bernardo de Cabrera'''. Cabrera, que tivo ao seu carón como escultor a Mateo Prado, enviou ao seu fillo o ensamblador [[Juan de Cabrera]] en setembro de 1662 para que contratase a fabricación do retablo maior. Ensamblouse no ano [[1664]] e rematouse coa policromía no [[1666]]. Seguindo a Vila Jato demarcaría un estilo manierista e do primeiro [[barroco]] (columnas salomónicas...). Segundo Fernández Gasalla, a extraordinaria altura da capela maior obrigou a dispoñer tres andares cun ático rematado por un frontón curvo, que se dividen verticalmente en tres bandas mediante columnas pareadas. A transición entre corpos resólvese de xeito anticlásico, instalando sobre os espazos intermedios volutas e aletas de frontón curvo que coroan os relevos. Sobre os fustes dos soportes, dividos por terzos, esténdese unha decoración variada e preciosista (guirnaldas, estrías helicoidais, follas de palma, etc.) No primeiro corpo parellas de columnas salomónicas flanqueaban unha gran custodia con forma de pavillón cupulado de planta central, dotado de tres corpos. Os extremos están gornecidos por cadanseus atlantes con pé de león. En aparato engárzanse nove paneis de altorrelevo representando escenas da vida da Virxe e de Cristo. No primeiro andar encóntranse a Adoración dos Pastores e a Adoración dos Magos. Sobre o tabernáculo iría un relevo coa lactación de san Bernardo, flanqueado pola Coroación de Espiñas e a Piedade. No terceiro andar aparece o panel coa Asunción da Virxe, acompañado polo Bautismo de Cristo e a Resurrección. OA edículo[[edícula]] do ático acolle a Coroación da Virxe, entre os escudos da Congregación de Castela e da Orde do Císter.
 
A causa do seu mal estado tivo que ser retirado e desmontado no ano [[1953]], sendo restaurado e volto a montar recentemente.