Linfocito T: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Maduración tímica ==
Cando o linfocito T chega ao timo, comeza a primeira maduración destas células. Así, nos primeiros estadíos, a célula T comeza a producir o [[receptor de células T|receptor de linfocito T]], de maneira asimétrica. Primeiro a subunidade β e logo a α. A gran maioría de TCRs expresados son o tipo αβ. Máis tarde comezan a expresar os complexos proteicos [[CD4]] e [[CD8]].
 
A todos estes [[linfocito]]s se lles presentan todos os antíxenos do organismo, a través de [[macrófago]]s, [[célula dendrítica|células dendríticas]] e células estromais tímicas. Parte deles interacionan de maneira forte, parte de maneira feble e parte non interacionan. As células que interacionan de maneira forte ou non interactúan son eliminadas para previr [[enfermidade autoinmune|enfermidades autoinmunes]] (seleción tímica negativa). As células que interactúan de maneira feble poden continuar coa súa maduración (selección tímica positiva). Xeralmente, os macrófagos e células dendríticas encárganse da selección negativa, mentres que as células estromais tímicas da selección positiva.