CD8: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 46:
 
Para funcionar, o CD8 forma un dímero, que consta dun par de cadeas CD8. A forma máis común de CD8 está composta por unha cadea CD8-α e outra CD8-β, ambas as dúas membros da [[superfamilia das inmunoglobulinas]] cun dominio variable de tipo inmunoglobulina (IgV) na rexión extracelular conectado coa membrana por un fino talo, seguido por unha cola intracelular. Nalgunhas células tamén se expresan homodímeros menos comúns da cadea CD8-α. O peso molecular do CD8 é de arredor de 13.463,2 [[dalton (unidade)|Da]]. A estrutura da molécula CD8 foi determinada por Leahy, D.J., Axel, R., e Hendrickson, W.A. por [[difracción de raios X]] a unha resolución de 2,6 [[angstrom|Å]].<ref name="pmid1547508"/> A estrutura ten un pregamento en [[sandwich beta]] de tipo inmunoglobulina e consta de 114 residuos de aminoácidos. O 2% da proteína está pregada en [[hélice alfa|hélice α]], o 46% en folla β, e o restante 52% son as porcións en bucles.
[[Ficheiro:CD8_receptor.PNG|miniatura|none|esquerda|Representación esquemática do correceptor CD8 heterodimérico.]]
 
==Función==