Invasión soviética de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 86:
 
Unidades soviéticas a miúdo atopábanse con unidades alemás avanzando dende a dirección contraria. Ocorreron destacados exemplos de cooperación entre os dous exércitos. A Wehrmacht pasoulle a fortaleza de Brest Fortress, que fora tomada despois da [[batalla de Brześć Litewski]] do [[17 de setembro]], á 29ª brigada de carros de combate soviética. O xeneral alemán [[Heinz Guderian]] e o brigadier soviético [[Semyon Krivoshein]] realizaron un desfile conxunto o día 22 na cidade. [[Lwów]] rendeuse o [[22 de setembro]], días despois de que os alemáns entregaran as operacións de asedio aos soviéticos. Forzas soviéticas tomaron [[Wilno]] o [[19 de setembro]] despois dunha batalla de dous días, e tomaron [[Grodno]] o [[24 de setembro]] despois de loitar durante catro días. Cara o [[28 de setembro]], o [[Exército Vermello]] alcanzara a liña formada polos ríos Narew, Western Bug, Vistula e San, a fronteira acordada anteriormente cos alemáns.
 
A pesar dunha vitoria táctica polaca o [[28 de setembro]] na [[batalla de Szack]], o resultado dun conflito máis longo nunca estivo en dúbida. Voluntarios civís, milicias e unidades en retirada reorganizadas resistiron contra as forzas alemás na capital polaca , [[Varsovia]], ata o día 28, e a fortaleza de Modlin, ao norte da capital, rendeuse o día seguinte despois dunha intensa batalla de 16 días. O [[1 de novembro]] tropas soviéticas levaron a unidades polacas aos bosques na [[batalla de Wytyczno]], un dos derradeiros enfrontamentos directos da campaña. Varias garnicións polacas illadas lograron manter as súas posicións moito despois de ser rodeadas, como as da área fortificada de Sarny que resistíu ata o [[25 de setembro]]. A derradeira unidade operacional do exército polaco en renderse foi Grupo Independente Operacional "Polesie" do xeneral [[Franciszek Kleeberg]]. Kleeberg rendeuse o [[6 de outubro]] despois da [[batalla de Kock]], rematando así a campaña. O [[31 de outubro]] Molotov reportou ao [[Soviet Supremo]]: "Un pequeno golpe do exército alemán, e posteriormente do Exército Vermello, foi suficiente para que non quede nada desa fea criatura do [[Tratado de Versalles]]".
 
[[Categoría:Guerras]]