Diferenzas entre revisións de «Invasión soviética de Polonia»

=== Situación en Polonia o día da invasión ===
Na mañá do [[17 de setembro]] de [[1939]], a administración polaca aínda estaba activa no territorio completo de seis voivoados orientais, ademais de en partes doutros cinco voivoados; no leste de Polonia as escolas estaban abertas a mediados do mes de setembro. As unidades do exército polaco concentraron as súas actividades en dúas áreas, no sur ([[Tomaszów Lubelski]], [[Zamość]], [[Lwów]]) e no centro ([[Varsovia]], [[Modlin]] e o [[río Bzura]]). Debido á forte defensa polaca e á falta de combustible, o exército alemán estancouse, e a situación estabilizouse nas áreas ao leste da [[liña Augustów]] ([[Grodno]], [[Białystok]], [[Kobryń]], [[Kowel]], [[Żółkiew]], [[Lwów]], [[Żydaczów]], [[Stryj]], [[Turka]]). As conexión por ferrocarril estiveron operativas nun terzo do territorio do páis, e tanto o tráfico de pasaxeiros como de carga levábase a cabo coas fronteiras de cinco países veciños ([[Lituania]], [[Letonia]], [[Unión Soviética]], [[Romanía]] e [[Hungría]]). En [[Pińsk]], os plans de fabricación de varios bombardeiros [[PZL.37 Łoś]] seguían adiante, nunha fábrica de [[PZL]] que se trasladara dende [[Varsovia]]. Un barco da armada francesa con carros de combate [[Renault R35]] para Polonia achegouse ao porto romanés de [[Constanta]], e outro barco, con equipo de artillería, acababa de deixar [[Marsella]]. En total, dazasete barcos franceses con material foron enviados aos portos romaneses de Constanta e [[Galati]], levando cincuenta carros de combate, vinte avións e gran cantidade de munición e dinamita. As maiores cidades aínda estaban en mans polacas, como Varsovia, Lwów, [[Wilno]], Grodno, [[Łuck]], [[Tarnopol]] e [[Lublin]] (capturada polos alemáns o [[18 de setembro]]). Segundo o historiador [[Leszek Moczulski]], aproximadamente 750.000 soldados estaban aínda nas ringleiras do exército polaco (os historiadores polacos Czesław Grzelak e Henryk Stańczyk afirman que eran uns 650.000), incluídas dúas brigadas motorizadas e vinte e seis divisións de infantería.
 
O exército polaco, a pesar de estar decimado por semanas de loita, aínda era unha forza formidable. Como escribiu o historiador Leszek Moczulski, o [[17 de setembro]] de [[1939]] o exército polaco aínda era máis grande que a meirande parte dos exércitos europeos, e suficientemente forte para poder loitar contra a [[Wehrmacht]] durante longo tempo. Na liña [[Baranowicze]] – [[Łuniniec]] - [[Równe]], os ferrocarrís transportaban tropas da esquina nordeste do país cara a cabeza de ponte romanesa día e noite, e a segunda batalla máis grande da campaña de setembro, a [[batalla de Tomaszów Lubelski]], comezou o día da invasión soviética. Segundo Leszek Moczulski, ao redor de 250.000 soldados polacos estaban loitando no centro de Polonia, 350.000 estaban preparándose para defender a cabeza de ponte romanesa, 35.000 estaban no norte de [[Polesia]], e 10.000 loitando na costa do [[mar Báltico|Báltico]], en [[Hel]] e [[Gdynia]]. Debido ás continuas batallas na zona de Varsovia, [[Modlin]], do [[río Bzura]], [[Zamość]], [[Lwów]] e [[Tomaszów Lubelski]], a meirande parte das divisións xermanas recibiron a orde de regresar cara eses lugares. A área que quedaba en control das autoridades polacas era duns 140.000 quilómetros cadrados, aproximadamente 200 quilómetros de ancho e 950 de longo, dende o [[río Daugava]] aos [[Cárpatos]]. Polskie Radio Baranowicze e Polskie Radio Wilno deixaron de emitor o [[16 de setembro]], despois de ser bombardeadas pola [[Luftwaffe]], pero Polskie Radio Lwów e Polskie Radio Warszawa II aínda traballaban o [[17 de setembro]].
 
=== Forzas en oposición ===
 
[[Categoría:Guerras]]
62.314

edicións